Xa o dicía Hannibal, o cerebrito do Equipo A: moito gosto de que os plans saian ben!!
Pero non sempre é desexábel que as cousas sexan perfectas. Por exemplo, a navegación do Día das Letras deste ano...
Por primeira vez en moitos anos, Salva, o dire da ENT Dorna, non ía poder estar con nós. Leva o pobre preocupado e facendo asembleas desde o mes de febreiro para organizar este día. Tanto medo tinha de deixarnos soas con todo o petate. Nós sabiamos que podiamos con todo sen problema ningún, que xa o ano pasado tivo que faltar a unha das regatas que organiza Dorna e apanhámonos mellor que nunca.
E aí ven o problema. O día non podía sair perfecto. Algún fallo tinha que haber para que o dire non se nos desmorone alá nos méxicos en que anda e pense que non é deses homes imprescidíbeis, mesmo necesarios.
Na xuntanza do sábado todo o noso aquel foi organizar os erros da actividade para que algo saíse mal. Para que Salva voltase con ganas de pornos a andar.
- Enviemos o grupo de música e baile tradicional de pasarrúas por toda a Arousa, desde as Acenhas até o Laghartinho. Xa desde as nove da manhá. Cun pouco de sorte chega tan derreado que non baila nin toca con xeito.
![]() |
Ai, que carinhas ghoradas!! |
- Oe! Até as rodas lles quedaron perfectas!
![]() |
Iso que son as pequeneiras! |
- Por se fallan as de baile, podemos facer outra cousa: que vos parece se colocamos os barcos en formación especial, entre a pasarela dos pantaláns e a rampla.
- Ui, iso é moito lío! Nunca tal cousa mandou Salva...
- Pois! Quedar, quedaría ben bonito tocar a buguina en homenaxe a Pili desde as proas das embarcacións, pero seguro que nos sae mal: enredamos os cabos, chocan de costado, vai aire. Salva ha quedar aliviado de que faltase a súa coordinación...
![]() |
- Ui, que este cabo non vai dar... |
![]() |
Cachis! Quedou unha U ben xeitosa! |
- Tampouco é tan complicado fallar! Pon a Uxío ao mando da Nova Marina e xa el esquecerá ostaghar...
![]() |
- Dá ordes, dá! Haahahaha! (riso maligno) |
![]() |
- Merxxx! Quen meteu a Parada no mesmo barco!! |
- Pon aos piraghueiros ao mando da Peça de Rabo. Andan tan embebidos no fútbol gaélico que seguro esqueceron todas maniobras...
![]() |
- Que era? Un oito ou un as de guía? |
Nin cando se lle pide, erran...
- Podemos deixar o erro para cando a Chíscala. Así é máis visíbel, que ha estar todo o peirán mirando.
- Que a baixen ao lombo com roupa nova! Cun pouco de sorte, por medo a mancharse, alguén a deixa cair no medio da rampla...
![]() |
Ei, quen andou a repartir trapos vellos!! |
![]() |
Así calquera a leva no colo... |
- Nada, non te preocupes, ponlle aceite no temón, que con tanto brillo non se vai notar, e seguro que Xusto non o dá armado.
![]() |
Aí, aí, venha que fallas! |
![]() |
Uuuuuuuuui! |
- Bah, se é moi fácil: ponlle de proel a Inasio, que co despiste que leva ao lombo, e xuntado con Xusto, seghuro que esquecen calquera cousa básica (a vela, a cana, a escota) e non dan navegado...
![]() |
As drisas! Deixaron atrás das drisas!! |
![]() |
Nen o ferro de pasar esqueceron! Planchadinha foi a vela! |
- Cada vez temos menos oportunidades...
- Tranquila... Embarca ao Javi Calvinho na Maristela, que co tempo que hai que non navega, se hai sorte, dan cuparriba...
![]() |
Ui, que pinta de acabar mal... |
![]() |
E vai ser como o das bicis, que nunca se esquece o aprendido! |
Poucas chances nos quedan...
- Nada! Enchemos o Rei do Mar de xente inexperta e nin o foque dá botado arriba. Moi mal vai quedar iso de sair só a motor... O día das letras... Se estivera Salva...
![]() |
Uiiii, para organizar esa cuberta!!! |
![]() |
Se peor o queremos facer, mellor nos sae.... |
- E que tal se lle propomos aos da Chíscala que a luzan facendo unha pasada pola popa ao Rei, así coma quen que hai que dar espectáculo? Maloserá que non se espeten!
- É verdade. Salva nunca lles deixaría...
![]() |
Venha, dálle! Féndeo polo medio! |
![]() |
E safou!! |
![]() |
- Mándalle un dron! |
- Déixate de drons e de lerias. Haberá que fastidiarse e ter un día perfecto. Calquera llo conta a Salva...
![]() |
- Que a navegación foi estupenda? |
Si, calquera llo conta!
As fotos roubámolas do feisbu de Francisco Martínez e do ghuasá de Jose.
mimaaaaaa , que bicho ten que ser ese "dire" , non , si e que , esta xente , acomodase no sillon , sin rañala , e pensando que faser coa tarxeta "blak" , e non ai quen os arrinque do poder , elo!? non se lle pode faser unha mosion de sensura? , ou un "gholpe de estado"? , .A claro , e unha asosiasion CULTURAL , pois nada , castighadeo lexos , por min xa o metia dous meses mais ala lexos , pero esta ves en punta cana , dous meses nun todo incluido , ai , que aprenda , e cando veña , yayoyaaaa,,,,,, . eu voto por ese castigho , asi sin violensia , ¿e vos?
ResponderEliminar