A que non te atreves a levar a buceta??!!
Esse foi o desafío que lle botou Bea a David mentres preparabamos no Bao a viaxe ao Grove (enganchar remolques e comprobar que funcionaban as luces, basicamente).
En realidade, o pobre de David tivera a feliz idea de aproveitar a tardinha agradábel de sol para pasear a toda a familia na Raposa, a dorna que arranxou este inverno. Mais a Raposa estaba fondeada, e xa comezou a Beatriche, en plan mestra, a gobernarlle a vida.
E soltou iso de, por que non levas a Laranha?. E alá comeza a dar explicacións: que se amuras así, que se enverghas asá, que se colocas o pau desta maneira, que se podes navegar à mala (co vento que había a ver como navegaban à boa...), e patatín e patatán. E o David, que é un cacho de pan: fíxolle caso!!!
Bea dando explicacións, David atendendo e a Ona pasando de todo. |
Mentres a Bea vixía ao David, a Ona volta a pasar de todo e nada contra corrente. |
Quen non ten cabeza, ten remos: as drisas quedaran en terra! |
E por fin, cun empurroncinho de mamá, a Laranha navegou! |
O caso é que ter aínda as embarcacións no Bao fai que em pleno mes de outubro, se algún día ven bo, poidamos sair a dar unha voltinha até o Faro do Seixo, até o Cabodeiro, até as Sinas ou até O Grove para ver unha regata a remos.
Todo ten a súa cara positiva!
a laranha foi a miña grande descuberta deste verán (descuberta pa min mesma, a ver se nos entendemos).
ResponderEliminardeunos unhas grandes tardes de navegasión en grupo e unha opotunidade de rompernos a cabesiña a ver como raio furulaba o chintófano este (con grandes aportacións técnicas de maguíver e consellos prácticos de larri, lino, parada, salva, pinseliño e todo o que pasara por aló. nin que disir ten que non sempre coincidían, pero esa é a salsa da escola).
foi moi tranquilizador ver a laranha fondeada cando voltamos de ogrobe:
ResponderEliminara profe non foi tan mala, o alumno, moi espabilao e non tivemos que disir aquelo de "os raposos, nooooon, os raposos non viñeron navegar domingo"
jajaja, gracias polos consellos e indicacións.
ResponderEliminarfoi un bo día ó cabo