mércores, 29 de outubro de 2014

Arriba o Rei!!

É moi duro facer o esforzo de xantar às presas, ficar sen sesta en días invernais como estes nos que a luz xa é pouca e o frio estremece. Pero algunhas tragamos quina só por axudar a ponher en seco o Rei do Mar... Así de sacrificada é a vida asociativa...

A tarde no Chufre estaba tan desagradable... verdade, Rubén?
Embarcando no galeón e prendendo o motor... Funciona!!
Funciona grazas a algunha chapucinha nova...
É grande o noso barco, non?
E parece pequeno o travel, verdade?
SEGHURO

Entramos en boxes sen problema.
E alá ven o travel! Parece pequeno, verdade?
Pois mirádelle as ghomitas...
Axustando todo para para que as ghomas encaixen...
Nos boxes utilizamos as máis perfeccionadas técnicas para equilibrar a nave.
Si oh, é ben grande o galeón e é ben pequeno o travel....
E comezou a operación delicada: o izado do barco.

Primeiro paso....
Un pouquinho máis...
No alto de todo!
E no máis baixo, ai mimá, canta rela!!
Así quedou o Rei, colghao!
E aproveitou para dar un paseo, deses con bastón e andador...
Definitivamente, o Rei do Mar non é tan ghrande...
E agora hai que aproveitar todas estas tardes para ponher o galeón a punto: lavar, dar patente, arranxar a cuberta, a bomba de achique... cantas máis persoas nos xuntemos estas tardes, antes acabaremos.


domingo, 26 de outubro de 2014

Viva o SERGAS!!

Que por fin temos cita para a operación!!

Despois de meses nas listaxes de espera, en agarda para secar a barrigha, apretar os ósos (esses cadrís coa prótese enferruxada), liftinear a pintura e operar a próstata, os cirurxiáns do Varadoiro do Xufre déronlle día e hora ao Rei do Mar. A verdade é que a cita é só para subir a quirófano, mais xa que estamos, imos aproveitar para darlle un bo repaso. 

O martes 28 às 15.00 horas (si, às 15.00, horario de marinheiros e funcionistas!) sobe o galeón ao travel. Quen queira velo, que venha. E de paso que traia a bata, a mascarilla e os bisturises, que boa falta van facer enfermeiros, cirurxiás, anestesistas e celadoras. 

Nese cacho guindastre vai subir o Rei. Quen o verá!

sábado, 18 de outubro de 2014

Xeiteira ao tobo!

Hoxe choveu nada e ventou menos, así que tivemos boa tarde para traballar un pouco no Naval.

Quedamos às catro (algunhas non sabemos por que...) e demos en ir facendo aseghún que cousas aseghún se fose xuntando xente.

Ao comezo eramos poucas...

Neste mar de dornas pasamos as tardes...
O primeiro, sacar o empanetado da Peza de Rabo na escuridade...
Mentres no fondo traballan, acarón da Nécora, aproveitabamos o tempo...
Cargabamos a Revolta da sinha Débora...
A idea era trasladala a Testos, xunto coa Nova Ánxela e limpar o outro local para as carpinteiradas de inverno. 
Mandamos a Bea coa Revolta... 

E comezou a chegar xente, e xente, e xente, e mudamos os plans: a gardar a Nova Marina

A xeiteira xa estaba no carro, só tinhamos que ponhela ao enxoito.
O Carlos, como é campión de remos, quería levala a gholpe de bícepes...
... e case se carga a ghamelinha.
Como aínda falta moito para o Carmen, e queremos festa,

pois montamos nós a procesión da Nosa Senhora Nova Marina
Sen cairmos na conta de que no caminho ao santuario o que mais abundan son as curvas...


Ai, que non dá!!
Ai, que esta tampouco!
E claro, encallamos!!
E Don Olimpio, ofendido con tanta falsa e sacrílega procesión, enviounos à local...

Que ninguén se mova!
Houbo Herr Direktor de buscar un apanho desde ese casamento no que andaba...

Ao final, demos saído do apuro...
E a bola entrou!!

 Parecía que acabaran aí os problemas, pero non...

Aínda había que esquivar columnas dentro...

E si, acabamos de gardar a xeiteira... 

E Bea? Esquecida en Testos, farta de varrer e varrer as serraduras da flotabilidade reciclada pola Linda Molly.

domingo, 12 de outubro de 2014

Imos de cea!!!


Paella especial mar de fondo

Que acaba a tempada!!

E se acaba a tempada, toca ir de cea

Este ano mudamos o sistema. Como vivimos en crise e non saimos e aprendemos a cocinhar e botamos medio verán presumindo de ensaladas, empadinhas de berberichos, xoubas esparradas, empanadas de polbo, tortillas, xurelos escabechados, empanadas de raia, bistés de toda caste, polos ao allo e patacas ali-oli, pois decidimos acabar así o ano... 

Desta vez non imos ir de restaurante, o restaurante montámolo nós. A idea é preparar as nosas super-fiambreiras e levarmos comida comestíbel e bebida bebíbel para compartir. Se nos organizamos, comemos e bebemos todas!

Eu xa comecei a preparar o churrasco
Para argallar o asunto, teredes que CONFIRMAR antes do próximo sábado 18 de outubro se vindes ou non à cea, para despois, nunha segunda fase organizativa, repartir responsabilizades cocinheiras e bebedeiras. A confirmación, como sempre, a Salva por ghuasá ou sms.

A data proposta para a cea: o 8 de novembro.

Hala, a pensar o menú!!


xoves, 9 de outubro de 2014

Voltamos ao ninho!!


Como todos os anos, agardamos à Festa do Marisco do Grove para participar da última regata, a Idem do Idem, ganhar o Desafío a Remos e encher os buchos de alimento amariscado. Temos que coller forzas para a nosa migración anual! 

Como xa pasaron a Festa do Marisco, a Idem do Idem e o Desafío a Remos, e a chuvia leva uns días limpando cubertas e adozando obras mortas, combinamos para manhá, venres 10, e o sábado 11, sacudir areas como prumas, inchar velas como azas, apuntar proas como picos e botar a voar. 
A travesía, non moi grande: Bao-Naval. 

A ver se damos aquelado todas as dornas no tobo!