luns, 20 de xaneiro de 2014

A facer paus!!



O meninho de Castelao escolleu un pau un pouco penso...

E di o senhor director:

o próximo sábado 25 de xaneiro a lúa e o sol alíanse coas dornas. Ela vai de creba e el vai lucir. O momento xusto para cortar pinheiros.

Imos pasar a manhá en Manselle, terra do insigne Angueira, aprendendo a ver paus onde outros só ven escuro arume arpado e monótono fungar. Ide anotándovos.

A hora xusta da quedada xa vola daremos por aquí.


P.D.: Moitas non o sabiades, mais o excelentísimo director da ENT Dorna é todo un poeta. Mellor que outras e outros que andan a publicar libros e libros...

ACTUALIZACIÓN!

Xa hai hora: saída às 9.00 desde o BAO

O sr. presidente, o outro, o da Rosi, ten unha comilona argallada para ese día. Estende o convite às lenhadoras e carpinteiras da ENT Dorna. O menú non o entendemos ben, pero inclúe chopo con arrós e carne a brasa. Entre 12 e 15 € (visto o que bebedes, contade con 15 €, hehehe) Hai que anotarse, vía Salva, antes de manhá à noite



7 comentarios:

  1. eso e o que ti pensas,todo o que teño,aparte a batea ,casa e barco,ghanino coa labia .o de plasmalo no papel e pa quen ten a mania de correxir faltas ortograficas

    ResponderEliminar
  2. isso é o que digho eu: melhor que outras que escrevem livros e livros... :)

    ResponderEliminar
  3. poderei ir e vir na mesma manhá? tería que estar de volta antes do xantar na Arousa,

    ResponderEliminar
  4. agardovos na Bacariza co tractor para traer os paus, cruzaredes por Catoira supoño.

    ResponderEliminar
  5. ... e a todo esto, como foi o conto dos paus?

    ResponderEliminar
  6. dá-nos tempo, nena! dá-nos tempo, rapás! esta noite ou amanhá, crónica!

    ResponderEliminar
  7. esta farangulha é a ------ a estas horas e aínda non hai crónica...nón é nada...o chopo con arrós está claro...

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende