luns, 25 de xaneiro de 2016

E máis pasantías!!!

Que vos parecían poucos os cursos da Aixola? Que había pouca variedade? Que a vós iso da madeira nin fede nin cheira? Ai, repungantimhas!! Menos mal que hai quen pensa en vós!!

Se non queredes caldo, sete tazas! E aquí chega a oferta formativa da Centro de Formación Aixola para o mes de febreiro
Tendes que anotarvos antes do 2 de febreiro, porque ese día moitas seredes as chamadas e poucas as escollidas. 

É claro que as que fagades estes cursos así tan plasticosos despois teredes que desintoxicarvos para navegar con nós... 

Se reparades pneumáticos destes, deixámosvos vir ao Bao...


Para os meses de abril e marzo quedan os cursos de 

Con estes non é necesaria desintoxicación para vir à ENT Dorna, é máis, quen faga o de instalacións eléctricas vai ser tripulación obrigada do Rei do Mar e o seu encendido. 


sábado, 16 de xaneiro de 2016

as derradeiras serán as arrancadeiras

E dixo, alá por setembro, o noso profeta Salvadurito: 

- E haberá que ir levando dornas para o reino dos ceos, que ló venhen os trobóns e as tempestades e nada pintan nese val de pozas que é o Bao.
- Así será feito -respostaron as discípulas.

Todas? Noooon! Un grupo de belcebús encornáronse con que ían seguir a navegar eternamente: 

- Nós aínda habemos vir todos os venres, que non son festa de gardar -dixeron as Sapeiras.
- Nós andaremos aos chopos até a novena do patrón -dixeron as Raposas.
- Nós sempre vamos ao revés que todas - dixeron as Ánxelas (as Merkel non, as Novas). 

E por unha eternidade quedaron as demoníacas dornas como abandonadas na mallante, sen navegar, sen ir aos chopos, levando a contraria. Trasnas perdidas.

Hoxe, despois de longas negociacións co profeta, que atende polo ghuasá, fóra a hora da sesta, andaron o caminho de peregrinación. 

Abandonando este triste val de bagullas...
A Raposa, flipando de andar a vela.
O Diosinho Windgurú, que pensa en todo, deixoulle boa tarde aos pilingríns.
Parecía que o vento era pouco, porén as dornas, coa emoción de navegar, por fin, e pensando na entrada nos ceos do Naval, en auténtico milagre milagreiro, planeaban sobre as augas. Ou si! E xusto aí, por tras dunha batea...

...saltou o radar da DGT!! (ai, que vos pilla, Sapeiras)
Menos mal que o axente de tráfico era pouco espelido, ou os poderes do Salvadurito máis grandes do que pensamos, porque as fotos da multa non pillaron folio ningún e podemos reclamar: 

As bateas non tenhen folio....
Ai, mimá, que tanto corren as dornas, que nin se ven!
E así, nun plis, no Naval.

- Chámalle aí ao profeta, que chegamos con ben.
Prrrrr! Que frío!! Por que non as traeríamos en setembro!!
O caso é que as derradeiras dornas en chegar ao Naval, en realidade foron as arrancadeiras de 2016. 

Manda truco! E vai ser verdade iso de que as últimas han ser as primeiras! 

O certo é que xa se notan os días.

Sol no ceo, barcos ao enxoito

Marchou o temporal, limpouse o mar nas mallantes, adozáronse as táboas todas das dornas e 

saiu o sol!


E cando sae o sol, e é inverno, nós pomos as embarcacións a secar, a limpar, a rascar e a pintar. Só que o galeón é un pouco ghrande para movelo así, ao brutallán da forza humana. Menos mal que temos na Arousa o travel máis ghrande do universo (da redonda, cando menos) e podemos levar e traer o Rei do Mar aonde nos pete (petounos perto, no varadoiro do Chufre). 

Non sabemos se de estar tanto no mar ou de choverlle tanto seghido por cima, mais a verdade é que o Rei non estaba moi ben estes días...

Tinha un cuelgue fino!!

Houbo que darlle unhas boas freghas para relaxalo...
E unha boa ducha de hidromasaxe...


E preparar todo para tombalo na padiola, decúbito supino perdido.
Visto así, até parece pequeninho...
E aí quedou, entre os cons, a tomar o sol...
Agora toca reparación e mantemento. Iremos avisando cando toque (se herr direktor non convoca enriba da hora).



martes, 12 de xaneiro de 2016

Novos cursos na Aixola


Do Centro de Formación A Aixola mandan recado de que desde xa podedes inscribirvos nas súas actividades de formación. 

Están abertas sete preinscricións, e todas debalde:

+ INFO e INSCRICIÓNS no seu web: http://aixola.cetmar.org

Para mais adiante, así que descansedes das festas do patrón e das rebaixas, contan convocar cursos de: 

Xa sabedes, a facerse con caderno, lapis, ghuvia, cepillo e A ESTUDAR!!