Moita poesía, moita poesía, mais o día amenceu apoallado e se rastro do sol...
|
Algunhas saimos da casa por dar unha volta... sol a lucir en ningures! |
|
E non pensedes que a cousa mellorou caminho da Bacariza...
|
Polo menos no río a néboa estaba máis alta... |
A Comunidade de Montes de Dodro, deunos permiso para rarear os seus pinheirais e levarmos uns cantos paus para dornas.Chegando ao monte, todo foi baixar dos coches e organizar as cuadrillas de asalto: con cada patrón, tres podréns aprendices.
|
Fixádevos en Parada. Agora entendemos por que comezou sen equipo.... |
|
A Adelino ninguén lle explicou que se quería camuflarse, había de vestir outra cor! |
E cando aínda algún grupo andaba a buscar o seu espazo no monte...
|
...xa Parada, sen axuda, botara abaixo o primeiro pau. |
As que quedamos con el, recibimos unha boa clase de Selección do Mellor Pau Para a Dorna de Regata...
|
Primeiro ver ben se o pinheiro crece recto e sen voltas... |
|
Comprobar a súa gordura e observalo desde lugares diferentes |
|
Cando por fin nos decidimos, picar avisando aos cans da redonda ;) |
|
Pau vai!!! |
|
Unha vez no chan, picar polas e alisar nós. |
Ao longo da manhá cada cuadrilla tinha orde de picar tres paus e as varas e vergas que encontrase. Chegada a hora, a remolcadora Bea foi apanhando grupos polo caminho.
|
Orgullosísimos do traballo feito! |
|
As cuadrillas reunidas de novo, repasando paus. |
Antes de ponhelos a secar, os paus tenhen que ser descascados. Como o xantar aínda non estaba pronto, aproveitamos para adiantar traballo. Sacar a caropa ten truco:
|
Co canto da machada golpeamos a casca e raspamos despois. |
|
Con tanto golpe, aprendemos onde naceu o son da txalaparta. |
|
Venha, que falta pouco!! |
|
Acabamos! Canto se adianta habendo xente! |
Se fósemos realmente tradicionais, teriamos levado con nós toda a casca para tinxir con ela o trapo das velas e evitar que lles entre a piolla.
|
Pero como non somos tan tradicionais, deixámola no monte. |
Ai, que fame!!! A familia Angueira & friends estaba nos locais da Comunidade de Montes preparando o super-menú, tan necesario para unha xente que traballa.
|
A sesión vermú mentres acaba de facerse o xantar. |
|
Ahhh!! Xa entendemos o menú: SAMORINHAS!!! |
|
Arrós con chopo na mesa d@s comedorinh@s. |
|
O Angueira máis roxo atendendo a carne... |
E claro, como, sempre, para rematar, como se xunten a fame e a ghana de comer, hai que acabar con gintonis e cantigas... Total, xa chovía!
|
Hoxe aos dous tenores faltoulles Pa(co)varotti.
|
Até aqui a minicrónica. Senhor Anómino, estará vostede contento!