Como sabedes por este blogue, hoxe tivemos unha reunión no IES da Arousa para botar a andar o próximo número da Revista Dorna.
Despois de grandes debates e fundas reflexións acordamos o seguinte:
As persoas interesadas en enviar (propostas de)artigos ou colaboracións artísticas (ilustración, pintura, fotografía...) podedes facelo até o 1 de Marzo de 2014, data en que pecharemos a recepción de colaboracións.
Non hai condicionamento temáticos, podedes abordar o tema que vos interese desde a perspectiva que queirades.
As condicións técnicas son as que seguen:
- Os textos en formato .doc ou .odt. Non vos matedes con tipografías ou decoración de títulos porque imos editalos despois.
- Fotografías e ilustracións de acompanhamento nun cartafol à parte do texto.
- Podedes engadir unha suxerencia de maquetación, se vos apetece, mais sempre que cumprades os dous puntos anteriores.
Podedes enviar as vosas colaboracións e/ou dúbidas e suxerencias á seguinte conta de correo electrónico: revistadornaarrobagmailpuntocom. Xa sabedes, a arroba e o punto, de verdade.
A próxima xuntanza marcámola para o 20 de Febreiro às 17.30 horas no IES Illa de Arousa. Estades convidadas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende