martes, 1 de setembro de 2015

A todo flispín!!

A todo flispín pasa a tempada de verán, pero na ENT Dorna continuamos con actividade.

Onte era tarde de cursos, como sempre...
Puxemos en marcha varias modalidades, cada unha co seu diploma correspondente. Nunha banda da praia da Canteira, clases de boghada:

- Bogha de meo, cea de couso!!
- Que dís, ouh? Non tinha que remar?
- Ai, rumo de colisión!!!

Noutra banda a última clase de Ana e Javi, chegados de Aldán para aprender con nós (alí hai demasiadas bateas polo medio, seique).

Arranxando os problemas de temón...
E entre unhas cousas e outras, os patróns arghallando chismes e tróqueles...

QUE FAN OS DOUS XUNTOS NO MESMO CHINCHORRO??!!
E se dan quillarriba? Quen vai dar clases? E se afoghan? Quen dirixe a Escola? E se mallan un cabo? QUEN VAI AO RESCATE?

chan-cha-chán-chan-cha-chan-cha-ra-rán (música de supermán)...

SuperSu, blogueira ao rescate!!
Porque onte tamén houbo clase de pilotaxe de planeadoras.

Alumna ben disposta e mestre...
 Primeira lección, aprendida da Volta Podrén:

Dálle máis ghasolina, toma máis ghasolina!
E despois...

Para que fotos, podendo editar un estupendo titorial deses da internés?




Unha vez que aprendemos a pilotar, a traballar!! Levar ao lesionado lesionador atrás da Caramecha para titorizar a última clase.

Bah, a cousa vai ben!
Pero se saben ir sós sen problema!!
E ben lonxe!!!
Como tinhamos unha parella de alumnas autónoma de todo, a aprender a aparcar atracar.

Perfectamente abalroada ao galeón (o seguinte!)
E a proba da viaxe:

Recollendo a bandeira...
Chegadas a terra, acaban as clases. Diploma ganhado!!

Que conste: planeadora sá e salva!!

II Volta Podrén, segundo intento...

O sábado, como non había regatas nin encontros oficiais na redonda, convocamos, outra vez, a II Volta Podrén. Xa sabedes, a intención, dar a volta à Arousa SEN PRESAS, CON CALMA, nada de andar a todo flispín unhas atrás das outras por ver quen lle saca o posto à de diante. Noon, calma, agardarnos, acompanharnos e parar nos chiringos para tomar o vermú, a tapa, o bocata o café e os pinchos... 

O plan era ese. E cumpriuse, abofé. 

Unha volta con calma...
Con mooooooita calma...
Na Escola de Navegación Tradicional somos xentes afoutas e botadas para diante e, sen agardar que calmase tamanho temporal, saimos igual dispostas a velear...

Nin a seca impediu a saída.
A navegación, visto que o vento sopraba fresco de sur, como vedes nas imaxes, foi cara o norte. A primeira parada marcada, o Cabodeiro, para o primeiro café. Alí chegamos, e estaba ben bo. A verdade é que coas tronadas que nos cairon de caminho, agradecimos poder tomar algo quente...


A forza do vento sur impedía pousar nada sobre a tilla...
Pasada a punta do Furado, puxemos rumo ao seguinte punto de parada: o Cantinho, para lle ir tomar o vermú à Festa da Ameixa.

Calculando a entrada entre os bateeiros do Chufre.
O tempo botabásenos enriba. Menos mal que levabamos o vento fresco a favor! Velas arriba e directas cara a illa de Rúa. Ai, os bistés de Loli agardaban por nós!

Ei, non marchedes coas cervexas!!
Canto falta? Temos fame!!
Xantamos en Rúa (somos respetuosas coas normas e no Areoso non podiamos desembarcar con Nela). E despois tiramos para punta Quilma, onde é moi importante que o concello adxudique un chiringo, que se non non nos cadran as etapas.

E deixamos Quilma para continuar cara Xastelas...
Pasado o Carreirón, parada no Cocobao para a merenda...

E o Bao e a pasante xa na proa...

Puri calculando a correntada da pasante...
Ao final, o imprevisto. En chegando á escola novamente, despois de todo un día no mar, houbo que dar remolque...

Remolque inverso, chamámoslle.
Salva-ndo ao Salvamento :D
O máis bonito da Volta Podrén? 

Que sempre empatamos!!

Algunhas igual pensaredes que as dornas non deron moitas voltas e que, ou non pasaron do Campelo ou non temos nin idea de xeografía carcamá... Pero nooooon, é verdade que demos a volta!!


As fotos son todas de Bárel, menos unha.