martes, 1 de setembro de 2015

II Volta Podrén, segundo intento...

O sábado, como non había regatas nin encontros oficiais na redonda, convocamos, outra vez, a II Volta Podrén. Xa sabedes, a intención, dar a volta à Arousa SEN PRESAS, CON CALMA, nada de andar a todo flispín unhas atrás das outras por ver quen lle saca o posto à de diante. Noon, calma, agardarnos, acompanharnos e parar nos chiringos para tomar o vermú, a tapa, o bocata o café e os pinchos... 

O plan era ese. E cumpriuse, abofé. 

Unha volta con calma...
Con mooooooita calma...
Na Escola de Navegación Tradicional somos xentes afoutas e botadas para diante e, sen agardar que calmase tamanho temporal, saimos igual dispostas a velear...

Nin a seca impediu a saída.
A navegación, visto que o vento sopraba fresco de sur, como vedes nas imaxes, foi cara o norte. A primeira parada marcada, o Cabodeiro, para o primeiro café. Alí chegamos, e estaba ben bo. A verdade é que coas tronadas que nos cairon de caminho, agradecimos poder tomar algo quente...


A forza do vento sur impedía pousar nada sobre a tilla...
Pasada a punta do Furado, puxemos rumo ao seguinte punto de parada: o Cantinho, para lle ir tomar o vermú à Festa da Ameixa.

Calculando a entrada entre os bateeiros do Chufre.
O tempo botabásenos enriba. Menos mal que levabamos o vento fresco a favor! Velas arriba e directas cara a illa de Rúa. Ai, os bistés de Loli agardaban por nós!

Ei, non marchedes coas cervexas!!
Canto falta? Temos fame!!
Xantamos en Rúa (somos respetuosas coas normas e no Areoso non podiamos desembarcar con Nela). E despois tiramos para punta Quilma, onde é moi importante que o concello adxudique un chiringo, que se non non nos cadran as etapas.

E deixamos Quilma para continuar cara Xastelas...
Pasado o Carreirón, parada no Cocobao para a merenda...

E o Bao e a pasante xa na proa...

Puri calculando a correntada da pasante...
Ao final, o imprevisto. En chegando á escola novamente, despois de todo un día no mar, houbo que dar remolque...

Remolque inverso, chamámoslle.
Salva-ndo ao Salvamento :D
O máis bonito da Volta Podrén? 

Que sempre empatamos!!

Algunhas igual pensaredes que as dornas non deron moitas voltas e que, ou non pasaron do Campelo ou non temos nin idea de xeografía carcamá... Pero nooooon, é verdade que demos a volta!!


As fotos son todas de Bárel, menos unha. 

 

1 comentario:

a falar a xente se entende