mércores, 27 de novembro de 2013

Cea fin de tempada: rosaliana

Atendendo ao noso chamado, no feisbu da sección bailonga da Asociación Cultural Dorna, a familia Parrumeira, pai e fillo, compartiron con nós unha chea de fotos da cea. Así podemos cronicar.

Como xa vos contamos, durante os cafeses e antes de entregar os premios podrén, o Presidente da Fundación Rosalía de Castro quixo ofrecer uns presentes à ENT Dorna en nome das rosalianas todas, e para iso escolleu unhas fotografías que entregou a tres integrantes da Escola como representantes de todas nós.

Javi recolleu a foto da dorna Rosalía que pasou o verán na Matanza.
Para Parada foi unha reprodución da imaxe que xa vos mostramos aquí.
E Salva recolleu a foto das dornas fondenadas no Malecón
mismamente, esta foto que nos enviou o Doutógrafo.

Todas as fotografías foron realizadas polo estupendo fotógrafo Eduardo Rivo.


3 comentarios:

  1. Moitas grazas polo voso amábel comentario, amigos. Déixovos no aquí a imaxe das dornas en Padrón, que lucían ben fermosas. http://doutografo.blogspot.com.es/2013/11/padron-vila-marineira.html

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. doeme, pero doeme e volveme a doer, e non sei como decilo, pero dito queda... Padrón Vila mariñeira? non entrarei en discusión... E lojo que é Pontecesures, ou o lugar de Porto senón CUNA de VALEIROS,,, río abaixo con dornas bogando ou co vento soplando anos e anos...deixemolo así... paréceme ben a conexión co mestre Anxo, aí pecharei o peteiro. (o anónimo ten nome e curase na Praia da canteira tódolos vrans, faltalle contactar, con Bea ou con Salva... quere aprender a "dornear"....

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. pois querido anónimo, aguantar moito as ghanas é malo para a próstata

      Eliminar

a falar a xente se entende