xoves, 6 de febreiro de 2014

Concurso de ideas

Na ENT Dorna pásanos coa construción ao revés que coa navegación. Se nesta temos marinharía de sobras e faltan patronaxe para galeón, no outro campo andamos escasas de albanería experta e temos montes de tituladas. 

Así que: desenhadoras, arquitectas técnicas e superiores, gabinetes varios: comunican da Deputación de Pontevedra que para a semana sairá ao público o 

CONCURSO de IDEAS para o novo Edificio de Usos Náuticos da Arousa

Para que as expertas tenhan ideas orixinais mais acordes cos gustos das futuras usuarias, sexan piragüistas, sexan dorneiras, podedes facer peticións nos comentarios. 

A pregunta é fácil: e ti, como queres o ghalpón?

Algo clásico, estilo Verducido?
Ou mellor tipo cuncha, por se imos ao ranho?
Estilo vila sen mar, como este de Zaragoza?
Ou flotante, fondeado no lugar da Batea de Control?


4 comentarios:

  1. Bueno aber si e desta,levo un tempo sin portatil e intentando ponhelo polo movi .noraboa a todo personal de vela ..O novo edifisio empesase este ano

    ResponderEliminar
  2. ¿Cómo queremos o ghalpón?eu propoño unha reunión c@s titulad@s interesad@s, así poderemos coñecer de primeira man as necesidades para comezar as propostas

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pareseme boa idea. Tan pronto eatean as bases listas ,,farei unha kedada coas ideas e coas interes@d@s

      Eliminar

a falar a xente se entende