domingo, 9 de febreiro de 2014

Efecto Qumaira

Para que ninguén confunda: non é que o Komaira abordase o Rei do Mar e provocase danos, senón que o Qumaira, esa cicloxénese/vagón-do-tren-de-borrascas/cacho-de-jet-stream, soplou de máis pola banda de babor e cargouse unha das luces de posición do galeón.

Así de de despendolado quedou o candeeiro.
Aínda que este cachinho plantou cara ao vento...
Porén, na ENT Dorna tinhamos activada a alerta laranxa, tal e como recomendaba Meteogalicia, e iso implica, seguindo os nosos protocolos, que dous carpinteiros deben estar de garda por se hai algún tipo de desperfecto urxente. E nada, nun visto e non visto, o retén desta alerta, xa estaba a traballar na nova peza.

A luminaria lista para ser colocada nas novas táboas.
O retén de emerxencias preparando o quirófano.
Así que por agora, os temporais non fixeron grandes danos na nosa flota; a ver que pasa coa Estefanía desta noite, porque o vento rolou e dá xusto no fondeo do Rei do Mar. Cruzade os dedos!.


1 comentario:

  1. o reten de guardia portouse ,,xa estamos pintando e,a bateria carghada e lista pa probar,,, maña si o tempo nos delxa

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende