Desde o 18 de xaneiro que está na rampla... |
Comunicamos que a Peça de Rabo xa adelgazou o suficiente para caber polas portas, o que di moito dos seus esforzos dietéticos, porque o normal sería que coa auga destes temporais enchoupase a madeira e engordase máis. Como nós nas festas.
En realidade son os ocos das portas os que anchearon. E xa podemos gardar a dorna de tope no local do Naval.
E din os optimistas da ENT Dorna que toda a chuvia e todo o vento caerán e soprarán esta noite, de maneira que manhá à tarde van dar a tregua suficiente para mover a Peça de Rabo. Veremos!
Quedamos às 17.00 horas no Naval. Eu de vós, levaba roupa de augas.
e... farangulha, afojou algún?
ResponderEliminarpois nom sei... vou perghuntar!
ResponderEliminarFalando ... é..... como a xente non se entende ...!!!!!!
ResponderEliminar