Esta foi a semana dos Parada, non porque non fixésemos nada, ao
contrario, que a falta dunha regata tivemos dúas, senón porque foi esa
familia, a Parada meca e a Parada carcamá, a que protagonizou as vida
navegadora no Grove. Xa sabedes, mecos e arousáns, primos-irmáns.
A Fuxe dos Parada do Grove, ganhou a Regata do Marisco, celebrada o sábado. Nela quedou segundo o noso Parada, o da Arousa, coa súa ForzaR.
E este mesmo Parada, o home des-comunicado que nunca nos mira na internet, tivo un papel fundamental na vitoria carcamá no Desafío a Remos de onte. Participando na última posta, entre el e Luis deron a volta ao podium para colocar a Mimela de primeira clasificada, e con ela ao seu equipo.

Pois iso, Parada, a ver cando tes outro fin de semana como este!! |
PD: cambiamos a foto do prota por esta do Doutógrafo, que nos pareceu bem mais bonita que a nosa.
e pensar que Parada nunca verá isto...
ResponderEliminarpero xa haberá quen llo conte, tranquil@
ResponderEliminarGosto de que gostedes da foto. O modelo, que se presta...
ResponderEliminar