Fomos un momentinho a sacarlle o torno à xeiteira, que tinhamos a inchar no Naval.
 |
Unha chea de auga gardaba dentro! |
E mentres agardabamos que trousara todo o líquido, o senhor director adicouse a exercer de director, é dicir, recibir e facer chamadas acó e aló.
 |
Pouca xente pode presumir de ter un despacho tan patrimonialmente marítimo. |
E chamaron de Portonovo. Que suspendían a Regata do Sepelo!
POIS MENOS MAL!!!
Porque no Naval, a cousa vai lenta....
 |
A Onza aínda a voltas coa pintura... |
 |
A Rosalía, por aí lle segue o ritmo... |
 |
O Laberko aínda andaba co temón... |
E a
María, a dorninha de tope que iamos estrear no
Dìa das Letras, aínda non ten cana... Ou si:
 |
Dentro dese cacho de madeira vive unha cana... |
 |
O can de sanroque e a Carminha vixiando que non pase nada... |
 |
Só a motoserra pode sacar de aí unha cana. |
 |
- Píntalle aí un burato, que se non tronzo de máis. |
 |
E cana con burato! Sí estaba no cacho de madeira... |
Xa que tivemos que suspender a primeira regata por temporal, Larry e Suso, que tenhen o seu traballo acabadinho, decidiron facer algún achicador para que non deamos quillarriba unha vez comece a tempada.
 |
Un achicador! |
 |
Dous achicadores! |
 |
Tres achicadores! |
 |
Catro achicadores! |
E si, imos parando!
 |
Dez achicadores!! |
E así pasan as tardes nas que non temos regatas...