E chegou Xasoncinho para reclamar a dirección da ENT Dorna que até ese momento fora de Uxío. E este, que tencionaba librarse do intruso, resolveu envialo en busca
do Folio de Ouro, tarefa ben arriscada.
Mensaxeiros foran enviados por
toda a Arousa, e mesmo polo continente, co fin de agregar heroes que estivesen dispostos a participar da difícil empresa. Desa
forma, aproximadamente unha chea de homes (as mulleres quedaran nas tabernas ou coa cámara) se apresentaron, todos eles
heroes de grande renome e valor. Cada un deles desempenhou na expedición
unha función específica, de acordo coas suas habilidades.
Partiu a expedición e navegou tranquila até chegar à illa de de Lemnos, habitada somente por mulleres. Estas deixárono claro:
- De aquí non marchades, que temos unha morea de traballo para vós: fregar, cocinhar, coidar as crianzas, atender os vellos...
- Ai, ouh, quedar quedabamos, se por axudar é... pero é que temos que ir polo Folio de Ouro...
- Pois se queredes marchar, habedes traballalo!! E ló teredes un home capaz de mover el só un barco?
|
- E non habemos ter! O Atlasinho, cun cabo terma do mundo!! |
- E non teredes un home quen de calmar os cantos das sereas?
|
- E non habemos ter! o Orfeo, que baila para calar as feras máis feras! |
- E non teredes uns hominhos con paciencia?
|
- E non habemos ter! Tres horas aguardando por unha marea a xeito! |
- E non teredes uns hominhos quen de subir a marea?
|
- E non habemos ter? Un cabo e sobe o mar parriba!! |
- E non teredes un home que sexa quen de meter unha lancha no maleteiro dun coche?
|
- Ai, diso non temos, non! |
- HAHAHAHAHA [riso malignísimo]!! Pois nin Arousa nin Folio de Ouro!!
- Outra oportunidade! Outra oportunidade!
As mulleres de Lemnos pensaron un anaco... pensando probas máis complicadas.
- Ben, e teredes un home quen de levar o rumo certo do barco exacto?
|
- E non habemos ter!! mesmo en terra é quen de levar a lancha o Anceusinho! |
- E teredes un home quen de flotar nas augas como o noso senhorinho?
|
- E non habemos ter! o Aquilesinho, que non pode mollar, nunca, os talóns. |
- E teredes un home quen de suportar o socón dunha planeadora?
|
- Porfavor! Iso nin se pregunta!! Xunta o Aquiles e o Anceu nunha planera e xa verás! |
- Cachis! Pensamos que esa era a imposíbel!! E comprobámolo, que menuda pancada levou o Anceu... Esta, esta non a superades! E teredes unha dorna nova coas puntas tapadas?
|
- Ai, iso non, que a Chíscala aínda está a secar o alquitrén... |
- HAHAHAHAHA [riso malignísimo]!! Pois nin Arousa nin Folio de Ouro!! e xa non vos dou outra oportunidade!
O Xasoncinho e os seus heroes (as mulleres quedaran nas tabernas ou coa cámara) tiveron ló que argallar unha fuga da illa de Lemnos, pior que a de Alcatraz.
Chamaron por Prometeo, pois necesitaban luz...
|
- Dálle lume ao móbil, Prometeo, que non vejo nada! |
E chamaron polos Sisifinhos, afeitos a termar dos cons que eternamente caen dos montes:
|
- Aguantade aí, que lle imos pór rodas à nave esta! |
|
- Outra vez o punto de apoio para mover o mundo!! |
E conseguiu, esta pequena manchea de heroes, comandados por Xasoncinho, pór no mar unha nova nave náutica, coa que tentaron fuxir da Illa das Mulleres.
|
E fuxiron, sen botar velas arriba, por non levantar sospeitas... |
Iso si, despois de tanto esforzo, nin vontade lles quedou para cruzar a Samotracia, o Helesponto, a Misia, a Tracia ou A Cólquida, e só por un maldito Folio de Ouro...
- Boh, imos para a Arousa, que andan alá as mulleres nas tabernas e coa cámara!, dixo o Xasoncinho.
- Pois, respostaron a manchea de heroes.
E voltaron.
[As afotos son todas de Bea -do seu ifone- ; o resto das mulleres andaban nas tabernas.]