mércores, 23 de marzo de 2016

O eitón da Chíscala

Din por aí que este é um país de tertulianos, onde todo o mundo opina sen saber. MENTIRA! Iso é porque nunca probaron a levar unha dorna a unha rampla ou unha praia para traballar nela, no que quer que sexa. Ai, amigha, aí si vas aprender a argumentar e a contrastar pareceres. Porque todo o mundo sabe e, peor!, todo o mundo ten (algho de) razón. 
A Chócalascinco, desculpa, Chíscala, é novinha do trinque, que acaba de chegar de Aghinho e imos botala ao mar o Día das Letras, alá por maio, cando vén o calor. E necesita posta a punto. 

Moitas foron as preguntas que lle fixemos ao público asistente: 
  • Ir para o Naval ou para o Campo?
  • Lasur ou alquitrén? 
  • Alquitrén ou pintura neghra?
  • Recravar ou non recravar? 
  • Dar con brocha ou con rodo?
  • Sapeli ou carballo americano?
  • Ayaso ou Monchito?
Polo eitón do Campo foron pasando numerosos expertos que tiveron a ben entreter aos pintadores, e quecerlle a cabeza, xustamente, ao amo. Agora xa sabe en que consistiu a Paixón do Cristinho: en pintar a dorna à vista da xente.

- E non será mellor que usedes un rodo?
- E esta enfoghonadura non é moi estreita?
- Non sei, aínda non lle probei o pau...
- Aínda non lle probaches o pau!!!

- E non lle tapas as pontas antes de dar o alquitrén?
- E non será mellor que quites as gafas?
- Así non ves nin onde pintas...

- E non será mellor que comeces pola popa?
- E non será mellor que ponhas as gafas?
- Así non ves nin onde pintas...

- Eu ponheríalle un cristalinho por cima, e hala, de exposición!!
[Estes artistas tenhen cada...]

- Pois eu creo que a aerodinámica, nin Fernando Alonso....
- Que va! Non ves que Monchito fai as popas máis lanzadas!
[Se vos deixarades de popas e collerades as brochas, ou os rodos -pensa a pintadora] 

- E non a tes mal amarrada?
- Pero veu de Aghinho ou de Castinheiras?
- Que conste que as de Monchito tinhan outro acabado...
- Ai, e ben que iamos fóra con elas, para alá de Corrubedo!

- E non lle tapas as pontas antes de dar o alquitrén?
- E non lle repasas aí, que che quedou sen dar?
- E aínda non largaches no mar a fotógrafa?
Outra opinión máis e arrebento con todo!
- E non lle tapas as pontas antes de dar o alquitrén?
- E non quedaba mellor sen esa sica na proa?
- E non lle tapas as pontas antes de dar o alquitrén?
- E non quedaba mellor en branco e neghro?
- E non será mellor que apures, que baixa o sol?
Se chegastes até aquí, é que xa podedes entender a paciencia que ten o Xusto...

- Bon, aínda non che quedou mal!
Iso si, eu, que ti, tapáballe as pontas antes de dar o alquitrén...


Ningún comentario:

Publicar un comentario

a falar a xente se entende