luns, 28 de marzo de 2016

dorna: ese mito

E chegou Xasoncinho para reclamar a dirección da ENT Dorna que até ese momento fora de Uxío. E este, que tencionaba librarse do intruso, resolveu envialo en busca do Folio de Ouro, tarefa ben arriscada. 
Mensaxeiros foran enviados por toda a Arousa, e mesmo polo continente, co fin de agregar heroes que estivesen dispostos a participar da difícil empresa. Desa forma, aproximadamente unha chea de homes (as mulleres quedaran nas tabernas ou coa cámara) se apresentaron, todos eles heroes de grande renome e valor. Cada un deles desempenhou na expedición unha función específica, de acordo coas suas habilidades.

Os Argonautas preparando a nao para a viaxe...

Cá(list)tor e SuPólux, encargados de espantar as tempestades.
Partiu a expedición e navegou tranquila até chegar à illa de de Lemnos, habitada somente por mulleres. Estas deixárono claro: 
- De aquí non marchades, que temos unha morea de traballo para vós: fregar, cocinhar, coidar as crianzas, atender os vellos...
- Ai, ouh, quedar quedabamos, se por axudar é... pero é que temos que ir polo Folio de Ouro...
- Pois se queredes marchar, habedes traballalo!! E ló teredes un home capaz de mover el só un barco?

- E non habemos ter! O Atlasinho, cun cabo terma do mundo!!
  - E non teredes un home quen de calmar os cantos das sereas?

- E non habemos ter! o Orfeo, que baila para calar as feras máis feras!
- E non teredes uns hominhos con paciencia?

- E non habemos ter! Tres horas aguardando por unha marea a xeito!
- E non teredes uns hominhos quen de subir a marea?

- E non habemos ter? Un cabo e sobe o mar parriba!!
 - E non teredes un home que sexa quen de meter unha lancha no maleteiro dun coche?

- Ai, diso non temos, non!
- HAHAHAHAHA [riso malignísimo]!! Pois nin Arousa nin Folio de Ouro!!
- Outra oportunidade! Outra oportunidade!

As mulleres de Lemnos pensaron un anaco... pensando probas máis complicadas.

- Ben, e teredes un home quen de levar o rumo certo do barco exacto?

- E non habemos ter!! mesmo en terra é quen de levar a lancha o Anceusinho!
- E teredes un home quen de flotar nas augas como o noso senhorinho?

- E non habemos ter! o Aquilesinho, que non pode mollar, nunca, os talóns.
  - E teredes un home quen de suportar o socón dunha planeadora?

- Porfavor! Iso nin se pregunta!! Xunta o Aquiles e o Anceu nunha planera e xa verás!
 - Cachis! Pensamos que esa era a imposíbel!! E comprobámolo, que menuda pancada levou o Anceu... Esta, esta non a superades! E teredes unha dorna nova coas puntas tapadas?

- Ai, iso non, que a Chíscala aínda está a secar o alquitrén...
 - HAHAHAHAHA [riso malignísimo]!! Pois nin Arousa nin Folio de Ouro!! e xa non vos dou outra oportunidade!

O Xasoncinho e os seus heroes (as mulleres quedaran nas tabernas ou coa cámara) tiveron ló que argallar unha fuga da illa de Lemnos, pior que a de Alcatraz. 

Chamaron por Prometeo, pois necesitaban luz...

- Dálle lume ao móbil, Prometeo, que non vejo nada!
E chamaron polos Sisifinhos, afeitos a termar dos cons que eternamente caen dos montes: 

- Aguantade aí, que lle imos pór rodas à nave esta!
E chamaron por Arquímedesinho, que mira ti, tamén andaba por aí.

- Outra vez o punto de apoio para mover o mundo!!
E conseguiu, esta pequena manchea de heroes, comandados por Xasoncinho, pór no mar unha nova nave náutica, coa que tentaron fuxir da Illa das Mulleres.

E fuxiron, sen botar velas arriba, por non levantar sospeitas...
Iso si, despois de tanto esforzo, nin vontade lles quedou para cruzar a Samotracia, o Helesponto, a Misia, a Tracia ou A Cólquida, e só por un maldito Folio de Ouro...

- Boh, imos para a Arousa, que andan alá as mulleres nas tabernas e coa cámara!, dixo o Xasoncinho.
- Pois, respostaron a manchea de heroes.

E voltaron. 


[As afotos son todas de Bea -do seu ifone- ; o resto das mulleres andaban nas tabernas.]


Ningún comentario:

Publicar un comentario

a falar a xente se entende