Para as que non o saibades, o Susito do Gran Poder, o noso profeta destes días, fixo un manado grandísmo de películas, estilo Ben-Hur. Esta fonda experiencia vital e relixiosa fai que sempre tenha unha parábola a punto para contarnos, en cada virada de rumo. Nós, boas discípulas, escoitamos para poder traelas aquí por escrito a este Evanxeo segundo Salva.
|
Nada mais embarcar, buscou o seu espazo e colocou o micro... |
|
e desde o púlpito falou da Parábola da quilla arriba. |
|
Por veces, podiamos gozar das pilículas em home cinema, o que aumenta a calidade da escoita (ou a cantidade, polo menos). Nós non negamos tres veses ao noso Senhorinho, porén até tres veces houbemos de oir os mesmos mesminhos contos.
|
Parábola do barco naufragado... |
|
...en estéreo soundrown!! |
En Sálvora agasallounos con edificantes historias de vida...
|
Parábola das mulleres bogadoras. |
E nova navegación e máis palabras parabólicas....
|
Parábola do Prestige, os militares e o Sentulo. |
|
Parábola do Ulises e as sereas do Pombeiro... |
Non había maneira de calar ao noso Susito con tanta película... Non?
|
Siiii!! |
Só os paxareiros puideron mudar as tornas, contándolle a Salva películas das súas, máis do estilo David Attenborough.
O caso é que ten moita sorte o profeta Salva de ternos a nós de seguidoras, porque non imos malghastar os paus das dornas para crucificalo. Abóndanos con vacilalo un pouco neste bló.
AMÉN
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminar"O caso é que ten moita sorte o profeta Salva de ternos a nós de seguidoras, porque non imos malghastar os paus das dornas para crucificalo."
ResponderEliminarE porqué non, A ENT e as dornas terian un martir e a a sua salvación asegurada. Digo eu.
Lauro
É noso salvadoriño!!
ResponderEliminarAménjasús