ESCISIÓN!!!
A ENT Dorna acaba de ser tomada por unha bandada de partidarias da Frente Popular Xudaica, que negan o profetismo e o Gran Poder do Noso Susinho Salvadurito. Din que el non é o auténtico mesías e negan os milagres e parábolas das que neste Evanxeo demos conta.
A cousa quedaría aí, nunha pequena polémica interna, perfectamente arranxábel coa expulsión ou exterminio das disidentes, se non for que este sábado, aproveitando a poalla matinal, optaron por mostrar ao mundo a seu poder, caminhando sobre as augas.
Só que para non coller gripes (que tan milagreiras non son) optaron por ponher un barco entre os pés e a superficie marítima e... SECUESTRARON O REI DO MAR!!!
Non dubidaron en usar a forza. Para evitar males maiores, entregámoslles a nave. |
Ons foi o último lugar no que foron vistos |
Como calquera secta apócrifa que se prece, escolleron o seu mesías particular, un calquera, un ninghén, que ainda non sabe facer unha trasluchada con xeito e xa quere gobernar as regatas e as travesías.
O novo mesías, por non multiplicar os pans, pápaos enteiros! |
A forza admitimos que a tenhen, que ben que nos ensinaron a boca do canón. Porén o Noso Senhorinho del Sielo moita axuda non lles dá. Quixeron repetir o milagre do venres...
Preparadas para a multiplicación do bolinho... |
E mirade que escasez!! |
Isto non é Crsitinho nin é nada...
Agora, o Rei do Mar non o devolveron, que no Cantinho non está. Hai quen di que anda pola outra ría e que se van instalar en Portonovo para montar alí a Escola Tradicionalista de Navegación Dorna.
Dionoloqueira!
PD: e a ver se pasades máis variedade fotográfica, que mira que mo ponhedes difícil para botar os contos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende