Capítulo 21, Versículo 18 do Evanxeo segundo Salva
Pasou en tempos do profeta Uxío.
Os apóstolos foran à illa de Sálvora para gravar unha pilícula.O Noso Senhorinho de los Parques Nacionales deulle un só mandamento: non te achegues à aldea de Sálvora que Satán pode derrubar tellados e muros só por fastidiar a pilícula.
Pola noite, ao retirarse o arcanxo flamexador à torre, o profeta Uxío tivo fame. Foi à aldea e vendo unha figueira à
beira do caminho, dela se aproximou, e non achou mais que facer que alimentarse dos froitos.
O profeta Uxío pillado na allada. |
Mais non lle souberon ben; e
díxolle: Nunca xamais se poda achegar ninguén a ti. No mesmo instante secou a figueira. Vendo isto os apóstolos, maravilláronse e preguntaron: Como é que repentinamente secou a figueira? Respondeu-lhes Uxío:
Ai, ai ai, en verdade vos digo que se alguén sabe que nós secamos a figueira, nunca mais teremos entrada en Sálvora. Fuxamos!»
Pasaron as estacións, migraron as aves e criaron as bestas. En tempos do Noso Susinho do Gran Poder, visitou este novamente a illa coas súas discípulas e observou as consecuencias do pecado cometido polo profeta Uxío, que el expiará por todas nós:
PROHIBIDO FACER DE TODO EN SÁLVORA
Ao fondo, a figueira de Uxío, Aquí, o cartaz a botarnos fora. |
O da foto e Uxío ? Eses deben ser froitos milagros, vese noviño, noviño.
ResponderEliminarRealmente a illa e arredores dá para moito, vaia Semana Santa. Non fai falta achegarse a palestina ¡¡
Lauro