E comeza a tempada!!!
martes, 31 de maio de 2016
Sepelo 2016
Etiquetas:
amigos da dorna de portonovo,
regatas,
Tempada2016
xoves, 19 de maio de 2016
Día das Letras na Arousa: O equipo A.
Xa o dicía Hannibal, o cerebrito do Equipo A: moito gosto de que os plans saian ben!!
Pero non sempre é desexábel que as cousas sexan perfectas. Por exemplo, a navegación do Día das Letras deste ano...
Por primeira vez en moitos anos, Salva, o dire da ENT Dorna, non ía poder estar con nós. Leva o pobre preocupado e facendo asembleas desde o mes de febreiro para organizar este día. Tanto medo tinha de deixarnos soas con todo o petate. Nós sabiamos que podiamos con todo sen problema ningún, que xa o ano pasado tivo que faltar a unha das regatas que organiza Dorna e apanhámonos mellor que nunca.
E aí ven o problema. O día non podía sair perfecto. Algún fallo tinha que haber para que o dire non se nos desmorone alá nos méxicos en que anda e pense que non é deses homes imprescidíbeis, mesmo necesarios.
Na xuntanza do sábado todo o noso aquel foi organizar os erros da actividade para que algo saíse mal. Para que Salva voltase con ganas de pornos a andar.
- Enviemos o grupo de música e baile tradicional de pasarrúas por toda a Arousa, desde as Acenhas até o Laghartinho. Xa desde as nove da manhá. Cun pouco de sorte chega tan derreado que non baila nin toca con xeito.
Ai, que carinhas ghoradas!! |
- Oe! Até as rodas lles quedaron perfectas!
Iso que son as pequeneiras! |
- Por se fallan as de baile, podemos facer outra cousa: que vos parece se colocamos os barcos en formación especial, entre a pasarela dos pantaláns e a rampla.
- Ui, iso é moito lío! Nunca tal cousa mandou Salva...
- Pois! Quedar, quedaría ben bonito tocar a buguina en homenaxe a Pili desde as proas das embarcacións, pero seguro que nos sae mal: enredamos os cabos, chocan de costado, vai aire. Salva ha quedar aliviado de que faltase a súa coordinación...
- Ui, que este cabo non vai dar... |
Cachis! Quedou unha U ben xeitosa! |
- Tampouco é tan complicado fallar! Pon a Uxío ao mando da Nova Marina e xa el esquecerá ostaghar...
- Dá ordes, dá! Haahahaha! (riso maligno) |
- Merxxx! Quen meteu a Parada no mesmo barco!! |
- Pon aos piraghueiros ao mando da Peça de Rabo. Andan tan embebidos no fútbol gaélico que seguro esqueceron todas maniobras...
- Que era? Un oito ou un as de guía? |
Nin cando se lle pide, erran...
- Podemos deixar o erro para cando a Chíscala. Así é máis visíbel, que ha estar todo o peirán mirando.
- Que a baixen ao lombo com roupa nova! Cun pouco de sorte, por medo a mancharse, alguén a deixa cair no medio da rampla...
Ei, quen andou a repartir trapos vellos!! |
Así calquera a leva no colo... |
- Nada, non te preocupes, ponlle aceite no temón, que con tanto brillo non se vai notar, e seguro que Xusto non o dá armado.
Aí, aí, venha que fallas! |
Uuuuuuuuui! |
- Bah, se é moi fácil: ponlle de proel a Inasio, que co despiste que leva ao lombo, e xuntado con Xusto, seghuro que esquecen calquera cousa básica (a vela, a cana, a escota) e non dan navegado...
As drisas! Deixaron atrás das drisas!! |
Nen o ferro de pasar esqueceron! Planchadinha foi a vela! |
- Cada vez temos menos oportunidades...
- Tranquila... Embarca ao Javi Calvinho na Maristela, que co tempo que hai que non navega, se hai sorte, dan cuparriba...
Ui, que pinta de acabar mal... |
E vai ser como o das bicis, que nunca se esquece o aprendido! |
Poucas chances nos quedan...
- Nada! Enchemos o Rei do Mar de xente inexperta e nin o foque dá botado arriba. Moi mal vai quedar iso de sair só a motor... O día das letras... Se estivera Salva...
Uiiii, para organizar esa cuberta!!! |
Se peor o queremos facer, mellor nos sae.... |
- E que tal se lle propomos aos da Chíscala que a luzan facendo unha pasada pola popa ao Rei, así coma quen que hai que dar espectáculo? Maloserá que non se espeten!
- É verdade. Salva nunca lles deixaría...
Venha, dálle! Féndeo polo medio! |
E safou!! |
- Mándalle un dron! |
- Déixate de drons e de lerias. Haberá que fastidiarse e ter un día perfecto. Calquera llo conta a Salva...
- Que a navegación foi estupenda? |
Si, calquera llo conta!
As fotos roubámolas do feisbu de Francisco Martínez e do ghuasá de Jose.
Etiquetas:
ACD Dorna,
actividades,
Día das Letras,
Pili Munhiz,
Tempada2016
luns, 16 de maio de 2016
Día das Letras 2016
Como todos os anos, a ACD Dorna celebra o Día das Letras Galegas con festa, como debe ser.
Agardamos por vós no Peirao do Cantinho apartir das 11 da manhá.
A libraría Castelao terá un posto de venda de libros, que para algo celebramos letras.
As bailadoras e cantadoras e tocadoras da ACD Dorna sairán do local da Escola de Pau chamando a toda a vila à festa, facendo pasarrúas pola Arousa adiante.
Neste ano o día ten unha luz especial, pois queremos aproveitar para render merecida homenaxe a Pili Muñiz, presidenta que foi de Dorna. A súa familia acompanharanos toda a manhá.
Falarán Fernando Piñeiro e Anxo Angueira.
Botaremos ao mar dornas novas que naveguen este mar e sairemos a pasear nas embarcacións grandes da Escola.
A nosa armada xa está no Chufre agardando por todas vós! |
Etiquetas:
ACD Dorna,
actividades,
Día das Letras,
Pili Munhiz,
Tempada2016
Nós tamén navegar!
Ademais de falarmos galego todos os días, e ademais de estarmos orgullosas (todos os días) da nosa cultura e da nosa literatura, na ENT Dorna, nós tamén navegar.
E xa temos todo a ponto para xornada de manhá, na que, xa sabedes, inauguramos tempada.
Levamos unhas tardes facendo asembleas cada dez minutos para deixarmos as embarcacións alistadas. O galeón Rei do Mar, por ser a máis grande, foi o último.
Ben, o motor parece que funciona... |
E parece que vira cando toca... |
Venha! Orghanisasión!! Un grupo á asegurar obenques! Outro a comprobar velame!!
Arriba ese foque!! |
AHHHHGG! Non iredes navegar entre o xentío acugulado no Cantinho e ese foque así de porcallento??!!
Asemblea!!
- Que máis terá! Na distancia non se ve!
- Non se ve! Cacho manchóns de verdallo e piolla! Saca de aí!
- Lavar agora é un rollo! Nen sequer hai sol para clarear...
- Tenhen todo o verán para clarear! Pero o ghordo... O ghordo hai que sarcarllo, ouh! Que vai dicir a vicinhanza!
- Somos unha chea de xente... Eló non daremos?
Velas arriba (do peirán) para esfregar! |
Entretanto, outros axustamos ferros. |
E venha a colocar ghanchos! |
Asemblea!!
- Proba a ver se entra ighual |
- Que máis terá! Na distancia non se ve!
- Non se ve, e tampouco encaixa! Hai que ir mercar outra!
- Está todo pechado!
- Miro eu na casa!
- Deixamolo para o luns!
- Pero collo eu o coche...e vou aonde sexa!
- Para que vas ghastar! Deixa estar!
- Non subimos a maior o martes e xa está!!
- Saca de aí! Antes collo o coche!
- Hai abondo que facer! Queda para o luns!
- Pois nada! Dádelle á tampa do pau!
Damos! |
- E daremos con un par de vasoiras...
- Hai que usar lixivia!
- Lixivia!! Toleaches!! Aquí no peirán! E a contaminación! Despois non queredes Plan de Acuicultura!!
- Pois xabrón lagharto ló, mais con algho haberá que darlle.
- Traio eu a kharcher da casa...
- Iso non romperá a lona?
- Bruso do de toda a vida!
- bruso e fairy, tradición a tope!
- Ló tería que ser bruso e mistol...
- Repugnante!!
A proba do cepillo e a kharcher non engana! |
Arrancando à Escola as humidades do inverno. |
A falta de seneiras, bos son os paus! |
E xa postos, a enverghar a maior! |
E acabar cos ferros!! |
LISTO!!
Xa sabedes, manhá, no Cantinho!
Etiquetas:
Día das Letras,
mantemento dornas,
Rei do Mar,
Tempada2016
xoves, 12 de maio de 2016
A navegar!!
Este ano partillamos cartaz e actividades co Concello da Arousa: só que aí non o di, pero o importante non é ese senhor da foto que quen sabe quen raio é. Nin manueles nin maríos! O martes festexamos que a Chíscala vai navegar!!
Etiquetas:
actividades,
Día das Letras,
Tempada2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)