luns, 16 de maio de 2016

Día das Letras 2016

Como todos os anos, a ACD Dorna celebra o Día das Letras Galegas con festa, como debe ser. 

Agardamos por vós no Peirao do Cantinho apartir das 11 da manhá. 
A libraría Castelao terá un posto de venda de libros, que para algo celebramos letras.
As bailadoras e cantadoras e tocadoras da ACD Dorna sairán do local da Escola de Pau chamando a toda a vila à festa, facendo pasarrúas pola Arousa adiante. 
Neste ano o día ten unha luz especial, pois queremos aproveitar para render merecida homenaxe a Pili Muñiz, presidenta que foi de Dorna. A súa familia acompanharanos toda a manhá. 
Falarán Fernando Piñeiro e Anxo Angueira
Botaremos ao mar dornas novas que naveguen este mar e sairemos a pasear nas embarcacións grandes da Escola. 

A nosa armada xa está no Chufre agardando por todas vós!


1 comentario:

  1. dende unha prespectiva moi paresida a da emigrasion , pois estou de vacasions en mexico na casa duns emigrantes galegos ( a miña filla e o seu compañeiro ) , desirvos que o que se fai dende a ACD DORNA , ENT DORNA non ai cartos que o paghen , pois entra na ialma vasiandoa de todo e enchendoa de morriña , unha grande aperta a todos

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende