domingo, 10 de novembro de 2013

A Montañesa


A Montañesa entrando en Vilaxoán hai dous invernos

Onte fixemos o conto ao revés. Habitualmente é a tripulación montañesa a que ven a nós. Porén, desta tocou viaxar nós ao norte.

Así que fomos a Vilaxoán, onde aínda descansaba, botámola ao mar, armamos temón, pau, vela e drisas, organizamos tripulación, e enviámola a Carral para ofrecerlle un cariño (un deses cariños ghrandes), de parte de toda a ENT dorna, a Calviño, o seu amo, ao que lle toucou este días facer unha travesía ben dura.

E como nos lembra Malena, hai un montañés que continuará a navegar con nós levado polo nome do galeón, que tallaron as súas mans.

E ben fermosas que quedaron!

9 comentarios:

  1. Unha grande aperta de ánimo e alento a Javi Calviño.
    Na ENT sempre terá a súa familia dorneira.

    ResponderEliminar
  2. témoste moi presente, calviño. un bico moi grande para ti e os teus

    ResponderEliminar
  3. Pasoulle algo? A verdade que este verán non o vin

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. este venres pasado, nun accidente de tráfico, morreron seu pai e súa nai.

      Eliminar
  4. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  5. Moitas gracias a todos, rapaces.
    É un detalle ben bonito, e un texto que emociona.
    Unha aperta,
    Javi Calviño

    ResponderEliminar
  6. Vaia, acabo de sabelo. Unha aperta moi grande, Javi.

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende