...máis activo que esta blogaría.
Como xa pasou o Entroido, xa queimamos o Liborio, van alá as carrozas e eis o está, o mes de maio, andamos a disponher as dornas e a facer zafarrancho para ter todo a punto na nova tempada.
Así, todos os venres, apartir das 17.00 horas e sábados, apartir das 16.00 horas, haberá xente no Naval ou en Testos axudando a preparar embarcacións apadrinhadas ou barcazas do común.
Que ninguén diga despois que non lle chegou o tempo!!
E se ides no medio da semana, tamén podedes encontrar currantes! |
Labregos do mar levando a vaca María a pacer no estrume. |
Entre as próximas actividades, sabede que este sábado que ven, 29 de marzo, está convocada unha asemblea da FGCMF para acordar, entre outras cousas, o calendario de regatas e eventos do 2014 e escoller sé para os próximos Encontros.
Animádevos a participar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende