E a semana pasada, a golpe de xoves, unha delegación carcamá viaxou até Marín porque desde o Centro de Formación A Aixola mandaron recado de que xa estaba lista a Nova Marina.
Non sabemos se lembrades, pero a Nova Marina naceu nese mesmo centro no ano 1994. Chegados aos vinte, tocou pasar ITV, porque tinha que ser revisada toda a estrutura, en especial a quilla e a cravazón.
A delegación visitadora non trouxo fotos, pero no feisbu d'A Aixola colocaron un lote de imaxes que reflicten o traballo que realizou o alumnado do Curso de Carpintaría de Ribeira, que recibirá cadanseu título se non afundimos na primeira navegación.
![]() |
| Ai, mimá, que nin lla freghamos antes de levarlla!! |
![]() |
| Toda a obra viva recravada e revisada |
![]() |
| A obra máis grande: colocarlle unha quilla de ferro que impida o desgaste. |
![]() |
| Ao final xa ía collendo outra cor! |
![]() |
| Este é o equipo que traballou na xeiteira. Obrigadas!! |





dende a illa da arousa ,moitas grasias a todo o equipo da aixola (que sei que tamen visitades este blog) por tratar con tanto cariño a esa pesa unica , a nosa joia da corona ,,,a xeitira "nova marina"
ResponderEliminar