luns, 7 de outubro de 2013

Desafío Arousa: a crónica

O importante para ganhar unha regata a remos é ter todo milimetricamente calculado antes do comezo:

Nunca vos ponhades a trincar remos tres minutos antes...

...nin carguedes as dornas até con risón... que non é regata a vela!
A regata consistiu en tres largos entre a ponte da Toxa e o peirao do porto. En cada largo, un relevo. Tres equipos: os desafiadores (Grove), os ganhadores pasados (Arousa) e un novo desafío (Portonovo). Tres dornas por equipo.

Ao que chegamos tarde as da Arousa foi à saída: agardando por nós.

A saída! Ao fondo, onde os illates, agarda o relevo.
Na primeira posta, Carlos e Javi, na Rosalía, sacaron avantaxe às perseguidoras.

O momento do primeiro relevo: a Jalerna de Cartarola e Braulio arrinca primeira.
As dúas mosquinhas que vedes ao fondo, son as dornas meca e carcamá en pleno duelo.

Na saída da segunda posta, aínda había avantaxe carcamá.
 Mais, repetindo o desenvolvemento da Regata do ano pasado, para darlle un pouco de emoción ao asunto, e tal como pactara o equipo, os jalernos baixaron o ritmo de boghada para que outra dorna chegase antes ao cambio...

...e no último relevo, adiantáronse os mecos (os de Portonovo aí os andan, fóra de plano)
 Así que comezou o último largo coa mesma orde que na primeira edición: avantaxe meca para conquistar o trofeu...
Parada e Luis deron o sorpasso e zás!, pasáron coa Mimela por diante de todas.

Para acabar ganhando con dúas ou tres dornas de distancia. Viva!
Que cousa emocionante foi velo desde o paseo do Grove!

E mentres unhas dornas chegaban à praia...

As campioas chegaban ao peirán, onde centos de siareiras agardabamos para vitorealas.

O director non estaba moi orgulloso... (desculpádeo, leva mal as victorias).
E outros descubriron o fenómeno fan...
Como sempre, a tarde acabou con premios, risos e petiscos, como sempre que imos ao Grove.
E este foi o podium final: Arousa, Grove e Portonovo a manter a tradición!

A ver se para o ano hai algunha mulher entre as camisoladas!


As fotos son desta blogueira, algunhas, da Lisa que quedou no posto 12 na regata a vela, outras e da Asociación A Torre de Cambados, algunha outra.


5 comentarios:

  1. gracias @s mecos por esta finde dorneira!

    ResponderEliminar
  2. en primeiro lugar parabens os campions bogadores ,os patrons e os mais novos polo grande equipo que demostraron ter feito .e o novo bloge que disir ,unha calidade de imaxe moi boa,xa me iras explicando como se usa,

    ResponderEliminar
  3. que queres, escrever crónicas?! ALEGHRIA!!!!! (já che direi como hás fazer, já)

    ResponderEliminar
  4. Así que por iso cheghachedes tarde á saída!! Juas, juas!!!!

    ResponderEliminar
  5. Noraboa ós campións e tamén os que non o foron. Noraboa tamén polo novo bloge. ¡¡¡ Falta vos fasía, oh!!
    Unha aperta dos Patexeiros que vos seguimos dende aquí arriba.

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende