Amosando publicacións coa etiqueta amigos da dorna meca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta amigos da dorna meca. Amosar todas as publicacións

luns, 7 de outubro de 2013

Desafío Arousa: a crónica

O importante para ganhar unha regata a remos é ter todo milimetricamente calculado antes do comezo:

Nunca vos ponhades a trincar remos tres minutos antes...

...nin carguedes as dornas até con risón... que non é regata a vela!
A regata consistiu en tres largos entre a ponte da Toxa e o peirao do porto. En cada largo, un relevo. Tres equipos: os desafiadores (Grove), os ganhadores pasados (Arousa) e un novo desafío (Portonovo). Tres dornas por equipo.

Ao que chegamos tarde as da Arousa foi à saída: agardando por nós.

A saída! Ao fondo, onde os illates, agarda o relevo.
Na primeira posta, Carlos e Javi, na Rosalía, sacaron avantaxe às perseguidoras.

O momento do primeiro relevo: a Jalerna de Cartarola e Braulio arrinca primeira.
As dúas mosquinhas que vedes ao fondo, son as dornas meca e carcamá en pleno duelo.

Na saída da segunda posta, aínda había avantaxe carcamá.
 Mais, repetindo o desenvolvemento da Regata do ano pasado, para darlle un pouco de emoción ao asunto, e tal como pactara o equipo, os jalernos baixaron o ritmo de boghada para que outra dorna chegase antes ao cambio...

...e no último relevo, adiantáronse os mecos (os de Portonovo aí os andan, fóra de plano)
 Así que comezou o último largo coa mesma orde que na primeira edición: avantaxe meca para conquistar o trofeu...
Parada e Luis deron o sorpasso e zás!, pasáron coa Mimela por diante de todas.

Para acabar ganhando con dúas ou tres dornas de distancia. Viva!
Que cousa emocionante foi velo desde o paseo do Grove!

E mentres unhas dornas chegaban à praia...

As campioas chegaban ao peirán, onde centos de siareiras agardabamos para vitorealas.

O director non estaba moi orgulloso... (desculpádeo, leva mal as victorias).
E outros descubriron o fenómeno fan...
Como sempre, a tarde acabou con premios, risos e petiscos, como sempre que imos ao Grove.
E este foi o podium final: Arousa, Grove e Portonovo a manter a tradición!

A ver se para o ano hai algunha mulher entre as camisoladas!


As fotos son desta blogueira, algunhas, da Lisa que quedou no posto 12 na regata a vela, outras e da Asociación A Torre de Cambados, algunha outra.


Desafío Arousa: outra vez!!

Os mecos botaron a andar (boghar) o ano pasado una nova proba que recollía a tradición xa case perdida das Regatas a Remos. Lanzaron un desafío à Arousa e nós, que sempre caemos na cilada dese "A que non hai:..?" pois caemos. 

E o trofeu do primeiro Desafío veu para a Arousa en depósito até este ano. Que tocaba defendelo.
Esta dorna de bronce tivemos que custodiar
E comezamos a preparar a edición deste ano. Meses de adestramento, de creación de bolsas ADO de estudos exclusivos, análises nos túneles de vento dos da CopaAmérica das diferentes técnicas de boghada, deron como resultado...

Que quedaron campións!!

Na seguinte entrada, trucos e fotos.

O fin de semana dos Parada

Esta foi a semana dos Parada, non porque non fixésemos nada, ao contrario, que a falta dunha regata tivemos dúas, senón porque foi esa familia, a Parada meca e a Parada carcamá, a que protagonizou as vida navegadora no Grove. Xa sabedes, mecos e arousáns, primos-irmáns.

A Fuxe dos Parada do Grove, ganhou a Regata do Marisco, celebrada o sábado. Nela quedou segundo o noso Parada, o da Arousa, coa súa ForzaR.

E este mesmo Parada, o home des-comunicado que nunca nos mira na internet, tivo un papel fundamental na vitoria carcamá no Desafío a Remos de onte. Participando na última posta, entre el e Luis deron a volta ao podium para colocar a Mimela de primeira clasificada, e con ela ao seu equipo.

Pois iso, Parada, a ver cando tes outro fin de semana como este!!

PD: cambiamos a foto do prota por esta do Doutógrafo, que nos pareceu bem mais bonita que a nosa.

sábado, 28 de setembro de 2013

Tempada de marisco

Como sabedes, os meses en que o marisco está en comida son aqueles que levan R. Por iso, este mes de outubRo que entra, aínda que pareza que o tempo empeora e chega o frío e ven a chuvia, é o mellor para regatear no Grove.

Quedan dúas das grandes da tempada: a Regata do Marisco e o II Desafío a Remos. A primeira será o día 5 de Outubro e a segunda o 6.

Fan falta tripulacións veleadoras e boghadoras, así que, INTERESADAS e INTERESADOS, anotádevos nos comentarios desta entrada, no telefone de Salva, o amado, ou pasade polo Bao.

Xoves e venres que vén, se non caen chuzos de punta (e se caen tamén) hai quedada na Praia da Canteira para coordinar boghadas.

A ver se somos quen de remudar o Trofeo do ano pasado!!