Que día bonito tivemos para celebrar as letras e inaugurar tempada!!
Como todos os anos...
 |
Amarramos os barcos.... |
 |
Ostaghamos as velas... |
 |
Axudamos a montar o posto da Libraría Castelao... |
E preparámonos para festexar que temos unha cultura viva, digna e exemplar!
 |
Luz chegou e xa sabía algo dunha pequena sorpresa. |
 |
As bailadoras da ACD Dorna foron chamando pola xente... |
 |
...que se foi xuntando no Cantinho. |
Tinhamos dúas fermosas dornas para botar abaixo.
 |
A Pancha |
 |
E a Orval, cheghadinha da banda meca do mar. |
|
Todo estaba a punto.
 |
Mesmo as brancas velas... |
Só faltaba ter unha maré propicia para non facer o lanzamento de dornas do ano pasado. Así que o presidente deu orde de facermos tempo...
...falando de Filgueira Valverde.
E claro, tivemos que contar que si, polígrafo moito, mais tamén censor, expurgador, depurador de mestras, alcalde e procurador en cortes franquista. E na ACD Dorna non podemos festexar tal cousa. Así que decidimos mudar o senhor Filgueira por Luz Fandinho, poeta viva, digna e exemplar, que para nós simboliza moito mellor o que entendemos por facer unha Festa das Letras.
 |
Non sabe herr direktor o que fixo deixando no micro à blogueira... |
 |
Luz recibindo a homenaxe das xentes da Arousa. |
Mais a maré non acababa de subir...
Houbo que tirar do poeta. Anxo Angueira falou para apresentar o seguinte convidado.
 |
E había un senhor por aí que non sabemos quen era ;) |
 |
O senhor que non sabemos quen é e Xurxo Souto ;) |
Xurxo contou para nós contos do mar de Irlanda. Falounos dos guerrilleiros da FRELIMO e da Cona da Vella, alá por Ons ou por Arán, quen sabe.
 |
E sobre todo, fixo medrar o mar en terra!! |
E chegou, por fin, a maré propicia.
 |
Ao ritmo do Himno do Antigo Reino... |
 |
Foron indo... |
 |
...as dornas... |
 |
...e as velas arriba. |
 |
Medre no mar!! |
 |
Que repoludos ghaiteiros!! |
 |
E, para acabar, nós tamén navegar! |
NON NON NON
Nunca acaban aí as festas.
 |
Sen unha looooonga sobremesa... |
 |
...coa homenaxeada viva, digna e exemplar. |
Algunhas imaxes son da blogueira, outras de Débora e outras de Illa Natura. E como había tanta cámara na festa, agardamos que vaian chegando vídeos e pilículas.
a sejunda dorna chamase orval, feita n'ogrobe por pablo blanco "morrillero"
ResponderEliminarobrigada! já modifico!
Eliminar