Pasado o 17 de maio, preparadas as embarcacións comúns, unha nova data está à nosa frente marcando o ritmo de traballo: o 7 de xunho, con esa Regata do Sepelo inauguradora do Mundial de Dornas.
E o local do Naval, máis que un albergue de dornas, parece un Hospital. Todos os quirófanos están abertos, a pleno rendemento e facendo quendas duplas para antender traumas e infecións.
Na sala de liftings os cirurxiáns xefes por fin poden adicarse ao peeling da Mimela, despois de dirixir varias operacións de traumatismos graves no Centro Médico de Testos.
|
Corporación Dornaestética utiliza as máis avanzadas tecnoloxías... |
|
- Por favor, bisturí do sete!! Incisión! |
Na sala de liposuccións, entre tanto, o doutor Sendi realizaba unha abdominoplastia à Onza:
|
Non acaba máis de dar alquitrén nesa barrigha. |
Na Unidade Médica de Tratamentos Anti-Idade eran submetidas a un duplo transplante de pintura a Revolta e a Carme. Requeriu esta operación o traballo coordinado dunha chea de anestesistas e celadoras:
|
A Carme, virada... |
|
A Revolta tranfundindo óleos à proa da Carme. |
E na sala de traumas, a operación máis perigosa, necesaria ademais porque o cirurxián Uxío abusou das próteses parecendo a Rosalía un robocós e non unha casca de noz.
|
Os pés de amigho rebentados de parafusos... |
|
Novamente, técnicas ultramodernas da Corporación Dornaestética... |
Unha vez acabada a intervención cirúrxica e recuperada a dorna da anestesia, foi trasladada à Unidade Médica de Tratamentos Anti-Idade, onde lle foi realizada unha bioestimulación con plasma:
|
Vamos, que a lavamos na rampla... |
|
Dúas dornas nunha: a Rosalía e a Javiota ;) |
As dornas que damos de alta na nosa Clínica, aínda tenhen que adicar uns días aos exercicios de rehabilitación...
CONTINUARÁ