Cada ano, a ENT Dorna incorpora novas socias, que ademais de aprender a navegar con nós, tenhen a ben colaborar facendo aquelas cousas que se lle dan ben. Quen sabe desenhar, como Andrea, Malena, Juan ou David da Raposa, desenha cartaces; quen sabe de carpintaría e outras manhas, como Lino P., Lino M. ou Claudio, arranxa o que lle boten; quen sabe de micros, como David Parrumeira, argalla megafonías, quen ten bola de remolque no coche, fai de camioneira e traslada dornas (a que si, Bea) e así todas. Todas temos algo de noso para axudar ao grupo.
Por iso Barel, recén chegado a Dorna, tivo a ben grabar e editar este vídeo que vos dará unha idea da nosa celebración das Letras Galegas. Podedes aproveitar e escoitar a Parábola do Inverno Atemporalado e o Milagre do Galpón Filantrópico.
Parabéns, bo traballo! Mil primaveras para a nosa língua e para as nosas xentes.
ResponderEliminarunha reportaxe estupenda e que dure moitos anos
ResponderEliminarvendo o vídeo do apartado mariñeiro das letras, solo unha cousa podo dicir: vivan as pirolas, vivan!!
ResponderEliminarComo di o refráneiro no hay mal que por non veña: dun inverno duro...tellado pas dornas. E o que queda por vir e ver
ResponderEliminarLauro