Despois do gran éxito do I concurso de fotografía E.N.T. Dorna e por petición popular, xa está aquí o II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA E.N.T. DORNA.
O ano pasado quedounos clariño que o que viades eran dornas pero queremos que continuedes amosandonos como nos vedes.
Envía as túas fotos a colabora.dorna@gmail.com antes de que fiquen esquecidas co frío do inverno e participa.
BASES I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA E.N.T.
DORNA
Participantes:
Podrán participar
todalas persoas que o desexen, sexan profesionais ou aficcionados sempre que os
traballos se axusten as bases. As fotografías podrán ser tomadas con calquer
dispositivo xa que a resolución non será unha restricción.
Temática:
Establecense duas
modalidades:
1.
Regatas Illa de Arousa 2018. Imáxes entendidas
libremente polo autor que teñan como referencia calquer aspecto da regata de
dornas a vela celebradas na Illa de Arousa no 2018 (riqueza paisaxistica, cultural,
artísca, deportiva, humana, etc...)
2.
Fotografías con
historia.
Imáxes con máis de 15 anos representativas da navegación tradicional a vela na
Illa de Arousa
-
As
obras entregadas deben ser orixinais e os participantes autorizan expresamente
o seu uso parcial ou total pola Asociación cultural e deportiva Dorna.
Formato
de inscripción:
- Para participar deberá enviar as suas fotos en cor ou branco e negro
antes do 2019 o e-mail: COLABORA.DORNA@GMAIL.COM indicando,
nome do autor, teléfono, lugar onde se
obtuvo, categoría a que postula e título
de la obra.
- Podense enviar todalas fotografías que considere anque so se aceptarán a concurso un máximo de 2 fotografías por autor.
Xurado:
- O xurado estará composto por representantes da E.N.T. Dorna e algúns participantes da regata Regata do Vao 2018
- O xurado estará composto por representantes da E.N.T. Dorna e algúns participantes da regata Regata do Vao 2018
Premios
- Categoría regatas Illa de Arousa 2018
1º premio: Agasallo sorpresa, foto no cartel da regata do vindeiro ano e tarde de navegación para 2 persoas
2º premio: Agasallo sopresa,
camiseta da regata, tarde de navegación para 2 persoas
3º premio: Agasallo sorpresa,
tarde de navegación para 2 persoas
- Categoría fotografías con historia:
1º premio: Agasallo sorpresa, camiseta da regata, tarde de navegación para 2 persoas
O resultado do concurso e entrega de premios realizarase o día das letras galegas (17 de Maio 2019)
Observacións:
Agradecese
o envío de calquer documentación(fotos, videos, documentos...) para a
creación dun arquivo dixital común.
Todo esto facelomolo para que dar a coñecer e que que non se abandoen estas embarcacións tradicionais e toda a cultura que rodea estas embarcacións. A túa participación axudaranos a tal labor, axudanos a que todolos anos poidas ver moitas velas no mar e si te animas a navegar... so tes que falar con nos.