Amosando publicacións coa etiqueta invernada14. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta invernada14. Amosar todas as publicacións

venres, 14 de febreiro de 2014

A Peça xa entra!

Desde o 18 de xaneiro que está na rampla...
Comunicamos que a Peça de Rabo xa adelgazou o suficiente para caber polas portas, o que di moito dos seus esforzos dietéticos, porque o normal sería que coa auga destes temporais enchoupase a madeira e engordase máis. Como nós nas festas.

En realidade son os ocos das portas os que anchearon. E xa podemos gardar a dorna de tope no local do Naval. 

E din os optimistas da ENT Dorna que toda a chuvia e todo o vento caerán e soprarán esta noite, de maneira que manhá à tarde van dar a tregua suficiente para mover a Peça de Rabo. Veremos!

Quedamos às 17.00 horas no Naval. Eu de vós, levaba roupa de augas.


domingo, 9 de febreiro de 2014

Efecto Qumaira

Para que ninguén confunda: non é que o Komaira abordase o Rei do Mar e provocase danos, senón que o Qumaira, esa cicloxénese/vagón-do-tren-de-borrascas/cacho-de-jet-stream, soplou de máis pola banda de babor e cargouse unha das luces de posición do galeón.

Así de de despendolado quedou o candeeiro.
Aínda que este cachinho plantou cara ao vento...
Porén, na ENT Dorna tinhamos activada a alerta laranxa, tal e como recomendaba Meteogalicia, e iso implica, seguindo os nosos protocolos, que dous carpinteiros deben estar de garda por se hai algún tipo de desperfecto urxente. E nada, nun visto e non visto, o retén desta alerta, xa estaba a traballar na nova peza.

A luminaria lista para ser colocada nas novas táboas.
O retén de emerxencias preparando o quirófano.
Así que por agora, os temporais non fixeron grandes danos na nosa flota; a ver que pasa coa Estefanía desta noite, porque o vento rolou e dá xusto no fondeo do Rei do Mar. Cruzade os dedos!.


sábado, 1 de febreiro de 2014

Tarde destonadora

Si, polo ghuasá, polos esemeses, polo bló, combinamos para encontrarnos no Naval... Mais 
à hora acordada, portas pechadas!

A impuntualidade tamén é algo criminosa... 

E unha vez que foron abertas... non había ferramenta!

Localazo temos, e dornas para enchelo tamén!
A falta de machadas... agardar!
...e ir preparando a materia prima.
Unha vez chegada a provisón de machadas e martelos, xa puidemos comezar a traballar. Tinhamos que espabilar, porque non nos podia pillar a noite. Lembrade que o local non ten instalación eléctrica!.

Aprendendo a golpear sen tronzar.
Aínda que os picheleiros tenhen sistema propio de descascado.
Unha vez acabados os pinheiros (xa tinhamos case todo o traballo feito do sábado pasado), tocou a quenda dos alcolitros.

Á tona dos alcolitros aplicámoslle a espátula.
E volta e dálle!
Como eramos xente abonda, un grupo marchou a Vilaxoán, pois temos a mudanza sen acabar de todo. Había que traer a madeira para panas e táboas que quedaba alá.

Preparando a viaxe a Vilaxoán, como nos vellos tempos
E a tarde ía caendo...

E a luz ía a menos...
Porque ademais vinha acompanhada de fortes sarabiadas.
A proba do traballo feito, no chan!
 E no fondo do local, alleos a todo, os Javieres amarraban paus para que sequen dereitos e sen voltas.

Amarraban ás tentas, quen sabe como vai ir iso!
E coa escuridade no interior do local, acabou a sesión de traballo de hoxe.