Acabado o vermú, decidimos continuar o noso caminho. Sabiamos que posíbelmente a mediodía viría a calma, mais levabamos bebida, comida e diversión abondas.
 |
| A ver Avilés, vixía, venhen todas? |
 |
| Pasamos o Faro... |
 |
| Pasamos a Area da Secada... |
E xa!
 |
| Porque à altura do Con de Tres Pés a maré traballaba máis que o vento. |
 |
| A coronela puxo ao podrén a boghar... |
 |
| E fomos indo... |
CONSELLO PODRÉN DO DÍA: que facer cando hai tanta calma e toca empopada?
 |
| Nada mellor que a colada!! |
 |
| E así demos chegado ao Areoso, segundo obxectivo! |
 |
| E botamos fora os poliéster ocupando a praia toda. |
 |
| Foto de grupo para herr dire con Luis ensinando a súa tatuaxe carimbadora. |
 |
| E si, puidemos xantar traquilamente às cinco da tarde... |
Xa dixemos que era unha volta slowly...
Algunhas era a primeira vez que podiamos estar no Areoso. E, aínda que a maré xa non deixaba ver todos os restos arqueolóxicos, si fomos ver o dolmen...
 |
| Ou mellor, como o mar come o dolmen dun día para outro. |
CONSELLO PODRÉN DO DÍA: senhores toristas, excusades construir chorradas con pedras que xa imos nós e as deconstruimos.
 |
| Isto non é un dolmen. Fora! |
Dío máis clarinho o Bichero:
Despois de contribuir con ben à conservación dos espazos naturais e arqueolóxicos galegos, tocou recoller e marchar... Quedaba media volta!
 |
| A realidade: Areoso, poliéster e dornas. |
 |
| A utopía: Areoso e só embarcacións tradicionais. |
Esta marabilla compositiva debemos agradecerlla a Débora, que tivo especial cuidado de que as dornas da I Volta Podrén foran todas negras. Viva o estilismo!
E preparámonos para partir...
 |
| A chicabond desamarrando a vela... |
...e saimos de volta ao Bao. Igual non somos tan podréns...
Nome e foto moi suxerentes, sí señor!! Que risas me boto (con ironía para que quede claro). Gracias "amigas feministas"
ResponderEliminar