A incorporación da Bandalha na etapa do Faro-Areoso incrementou a porcentaxe de caracamáns integrantes da expedición podrén. No Areoso puidemos comprobar que a súa língua pasaba a ser dominante e acabamos facendo un uso totalmente diglósico do galego.
- Haaiaaohooou! -berraban da Bandalha.
- Eeeeihn hau hooooa! -respostaban da Caramecha.
E Lisa goldeneye traducía para as de fora: que din que os sigamos, que eles saben dos cons do Carreirón...
E alá fomos...
A coronela Bea puxo os seus galóns de patroa podrén |
E na Sapeira seguían sen entender nada do Haoiuhou! |
E chegamos a ir case todas à par... |
Case todas... |
O Carlos seguía a chamar por nós: hioheui! haieoiu!. Pero non ousamos seguilo.
Porque el meteuse por entre as pedras, a rente de terra... |
Dobrada a Punta do Carreirón, a ponte colocouse no horizonte dos nosos ollos...
...Nela mediante. |
A calma era case total e daba para espiar polo Triángulo das Verduras. |
Con calma e todo, o mar dos barcos incomoda moito. |
CONSELLO DO DÍA: se tedes un barco a motor, non vos metades a toda velocidade na proa das dornas. Desventádesnos e variádesnos o rumo, ai, que hai que explicarvos todo.
A Javiota facéndonos unha pasada e a Nela pasando. |
A calma era tanta que a ponte semellaba non chegar nunca... Os haiouhou da Bandalha e a Caramecha rendéronse e tiraron de remos. Tenhen corasón de piraghüistas!
E as demais agardamos pola virasión, que non chegaba. |
A pasante! A pasante! |
Temos que pasar a pasante, haoiohou!!
E pasamos!! |
E chegamos de volta à praia da Canteira. |
I Volta Podrén à Arousa completa!!
E dornas na mallante! |
Había moito ambiente no Bao ao chegarmos. Tanto medo tinhan de que deramos quilla arriba? NON! Había sorpresa!
Como Larri tomou peixe bastante no día, decidiu convidarnos a todas. Sardinhada na escola!
Non había mellor maneira de acabar o día... |
Entrada do bló patrocinada polas cocinhas Sisán da vela de Fernando Pinheiro.
A ver se nos regalan unha parrilla pola publicidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende