Nos días de calor abafante, se corre un ventinho, o mellor é pasalos no mar. A brisa amaina o bochorno e o vento aparente suaviza a calor. Iso fixeron o sábado Larri, Parada e Santi, só que non contaron quedar sen vento ningún e a Nova Marina acabou o dia nos pantaláns do Cantinho.
Hoxe fomos buscala. Controlando para escaparlle à calma.
|
As tripulantas da lancha xeiteira case ao completo. |
|
|
A vela non ía tesa, pero case, tamén. |
|
Tardamos tanto en sair que a Pedra Madruga pillounos desde o Bao... |
Fixemos unha saída até o canal, à altura do Campelo, vixiando as calmas que avanzaban pola ría. Cando cadrou, larghamos para o Bao a fume de carozo (carozo apagado).
|
A Ona flipou con que o Industrial non subira velas... |
|
|
... e con que Calixto no caira ao mar. |
Hoxe patroneounos Larri, e Bea andou de piqueira, levando a canha. Larri non quere sair neste bló nin en ningún outro, porén hoxe non lle imos facer caso porque conseguimos sacalo tal cal... aprendendo a quen se deixa ensinar.
|
Como calcular ben o paso entre bateas |
Aínda que non era o único que calculaba...
|
As cadelas tamén dan aviso dos rumos de contusión. |
|
- Ghuaue!! Libramos!! |
No paseo entre bateas non deixamos de ver xente...
|
Gerardo vai à batea pola tarde. De Vilanova tinha que ser! |
|
- Pican? - Contigho tres |
O vento ía a menos...
|
Ona, Eva e o anemómetro na proa. |
|
As dornas voltaban à praia... |
|
E a Javiota vinha recollernos ao fondeo... |
|
Quen vai coller a boia? |
En vez de voltar en planeadora, embarcamos na Raposa e na Javiota.
|
Herr direktor levándonos a terra... |
|
E a Raposa a tope, co resto da tripulación a bordo. |
|
Baixa o sol, dornas aos fondeos... |
E non hai como acabar a tarde gozando das vistas...
|
... e dos espectaculares posados podréns. |
Sempre o dicimos. As tardes no Bao son aborrecedoras...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende