Toda a semana argallando a travesía para ir a Combarro!
Como o Rei do Mar anda convaleciente da caixa dos fueghos non podíamos contar con barco de remolque. Só podiamos levar (só!) a Peza de Rabo e a Nova Marina e a Salgharita.
E toda a semana a vixiar os ventos, as chuvias e as néboas e a organizar embarcacións... E chega o xoves e daban calma e néboa e só podréns e anotadas para a viaxe.
E dixo herr direktor: Así non ides! Mellor por terra en dornas pequenas!
Nuestro ghoso en un poso!!
E combinamos o venres de manhá no Bao para cargar dornas en remolques e atravesar a Armenteira (grande porto de montanha, toda unha aventura) para chegar a Combarro...
|
Nooon, Bea, a buceta non nos colle no remolque! |
Quen dixo tal! Para iso estou eu aquí!!
|
SUPERSALGHARITA ao rescate!! |
- Imos de travesía coa Salgharita, e eu de patroa!!
- Ai, eu non me atrevo. Salva dixo que daban calma...
- E non collemos comida...
- E xa é moi tarde...
- E non avisamos a Salvamento en Fisterra...
|
- A ver, embarcas ou non? Nós imos! |
- Boh, ló eu tamén vou...
E alá marchamos, felices de travesiar polo mundo adiante.
|
Aínda que voltamos à planeadora a roubar chaleques... |
A travesía comezou ben. Viramos a Punta do Furado por perto das bateas, para evitar os cons, pasamos por fóra do Campelo sen problema e puxemos proa a Rúa, para enfiar desde ali entre o Areoso e Ghidoiros...
Iván ía estudando as cartas vía google on the sea e Salva (o podrén, non herr direktor) traducía as indicacións para a patroa.
|
A verdade, a cousa ía moi ben... |
Até que Salva (herr direktor, non o podrén) tivo razón!
Chegou a calma!
Pasado o Pombeiro, xusto onde sempre, por fóra da Lanzada, unha encalmada como nunca viramos. Unha solleira insoportábel, tendo en conta a escasez de víveres na embarcación... Mudamos a vela de banda (agora podemos, que recortamos o pau), fomos todas para popa, voltamos todas para proa, baixamos vela e fixemos casota, subimos vela e montamos toldo... buuuuuff!
|
A única solución: cacharretas de auga... |
Pobre Nela.
Pasaban das catro da tarde e nós na Lanzada, sen mexernos, mareadas, con sede. E como sempre, despois da calma chegou, a tempestade?, noooon: a fame!!
Nda que levar á boca. Nin unha triste concreta! Nin un chicle de menta! Nin un caramelinho tan sequera! Sen palabras estabamos, lamentando acompanhar á SuperSalgharita na súa aventura de desobediencia. Ai, por que? Por que retamos o destino?!?!?!
Botamos a sortes quen se sacrificaba polo grupo. Ao mar! A facer de cebo para conseguir alimento!
Nooooon! Non lle tocou à Nela, non!!
|
E aínda pescou botellas de auga a rapaza!! |
Tamén é verdade que tanto tempo na encalmada, fóra da ría, dá para un dos máis fermosos espectáculos faunísticos que nos ofrece este mar:
|
Ver de perto (e case tocar coa man) enormes arroases! |
Levadas pola maré, demos pasado punta Faxilda. E con nada de vento buscamos evitar Cabicastro.
|
Tan pouco era o vento que a piqueira podía botar sestas.... |
Cando o nivel de paciencia chegou ao límite. Cando estaba a punto de rebentar o motín. Cando xa a Nela salivaba raiba e a blogueira rancor, visionamos Tambo, esa illa. Que alivio tan grande!!
|
Ai, que alegría!! Pasamos Tambo!! |
|
Ai, que alegría! Chegamos a Combarro!! |
Ui ui ui ui...
|
Cando saiba herr direktor!!! | |
Seguro que non esperaba isto de nós....