domingo, 28 de agosto de 2016

Festa do Deporte

Toca todos os anos: a Festa do Deporte da Fundación Deportiva Municipal. Esa que buca difundir entre nenas e adultas as disciplinas varias, olímpicas ou non, que poden ser practicadas nos clubes carcamáns. Entre elas, claro, a mundialmente conhecida como Dornas a Velas

E como todos os anos, sempre hai algún imprevisto que reflicte moi bem a realidade deste desconhecido deporte: quen manda é o vento. Ou hai tanto que debemos adiar a actividade, ou tan pouquinho que debemos adiar a actividade. O caso é adiar... 

NOOOOON. 

Desta vez puidemos sair a pasear... 

Aínda se xuntou xente!
E aínda se xuntaron barcos!!
10 dornas, unha buceta, 15 dorneir@s, 56 persoas anotadas, todas na praia da Canteira! 
O que non demos xuntado foi moito vento...

Non se pode ter todo!!
A calminha era boa para levar crianzas a pasear sen perigo para as nais e os pais, que así non se punhan nervios@s. Calquera @s aturaba con máis de oito nós!

Vai tranquila, filla, que eu quedo ben!!
A navegación era perigosísima, como podedes ver...
A maré tan alta axudaba a dar sensación de aventura...

E será mellor coller un ris?
Nada, a probar o mundo boghada!
E venha a boghar....
Porén, o mar é o que ten, que cando menos o esperas, chega o ventinho. 
De súpeto alguén sinalou o faro do Seixo: eis o ven, eis o ven!! O nortinho!!
E veu!

Ben se ve vir no mar. Ou non o vedes?
Que sorte tiveron as participantes da segunda quenda!! Elas non tiveron que bogar!

Algunhas dornas deixaron marinheiras na praia...
Novas nenas agardaban a súa vez...
E botaron vela arriba!
Recollendo bártulos...
...porque facía moito vento para tanta ninhada de nen@s!!

Manda truco co mar! Como remuda nun nada!

Todas para terra!!


1 comentario:

  1. Tu recambio de coche en desguazator online la mejor opcion de recambio verde http://www.desguazator.com

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende