luns, 29 de agosto de 2016

Festa do Mar de Combarro: a travesía.

Toda a semana argallando a travesía para ir a Combarro!
Como o Rei do Mar anda convaleciente da caixa dos fueghos non podíamos contar con barco de remolque. Só podiamos levar (só!) a Peza de Rabo e a Nova Marina e a Salgharita
E toda a semana a vixiar os ventos, as chuvias e as néboas e a organizar embarcacións... E chega o xoves e daban calma e néboa e só podréns e anotadas para a viaxe. 
E dixo herr direktor: Así non ides! Mellor por terra en dornas pequenas!

Nuestro ghoso en un poso!!

E combinamos o venres de manhá no Bao para cargar dornas en remolques e atravesar a Armenteira (grande porto de montanha, toda unha aventura) para chegar a Combarro... 

Nooon, Bea, a buceta non nos colle no remolque!
Quen dixo tal! Para iso estou eu aquí!!

SUPERSALGHARITA ao rescate!!

- Imos de travesía coa Salgharita, e eu de patroa!!
- Ai, eu non me atrevo. Salva dixo que daban calma...
- E non collemos comida...
- E xa é moi tarde...
- E non avisamos a Salvamento en Fisterra... 

- A ver, embarcas ou non? Nós imos!
- Boh, ló eu tamén vou...

E alá marchamos, felices de travesiar polo mundo adiante.

Aínda que voltamos à planeadora a roubar chaleques...
A travesía comezou ben. Viramos a Punta do Furado por perto das bateas, para evitar os cons, pasamos por fóra do Campelo sen problema e puxemos proa a Rúa, para enfiar desde ali entre o Areoso e Ghidoiros...
Iván ía estudando as cartas vía google on the sea e Salva (o podrén, non herr direktor) traducía as indicacións para a patroa. 

A verdade, a cousa ía moi ben...
Até que Salva (herr direktor, non o podrén) tivo razón!
Chegou a calma!

Pasado o Pombeiro, xusto onde sempre, por fóra da Lanzada, unha encalmada como nunca viramos. Unha solleira insoportábel, tendo en conta a escasez de víveres na embarcación... Mudamos a vela de banda (agora podemos, que recortamos o pau), fomos todas para popa, voltamos todas para proa, baixamos vela e fixemos casota, subimos vela e montamos toldo... buuuuuff!

A única solución: cacharretas de auga...

Pobre Nela. 

Pasaban das catro da tarde e nós na Lanzada, sen mexernos, mareadas, con sede. E como sempre, despois da calma chegou, a tempestade?, noooon: a fame!! 
Nda que levar á boca. Nin unha triste concreta! Nin un chicle de menta! Nin un caramelinho tan sequera! Sen palabras estabamos, lamentando acompanhar á SuperSalgharita na súa aventura de desobediencia. Ai, por que? Por que retamos o destino?!?!?!

Botamos a sortes quen se sacrificaba polo grupo. Ao mar! A facer de cebo para conseguir alimento!

Nooooon! Non lle tocou à Nela, non!!

E aínda  pescou botellas de auga a rapaza!!
Tamén é verdade que tanto tempo na encalmada, fóra da ría, dá para un dos máis fermosos espectáculos faunísticos que nos ofrece este mar: 

Ver de perto (e case tocar coa man) enormes arroases!
Levadas pola maré, demos pasado punta Faxilda. E con nada de vento buscamos evitar Cabicastro. 

Tan pouco era o vento que a piqueira podía botar sestas....
Cando o nivel de paciencia chegou ao límite. Cando estaba a punto de rebentar o motín. Cando xa a Nela salivaba raiba e a blogueira rancor, visionamos Tambo, esa illa. Que alivio tan grande!!

Ai, que alegría!! Pasamos Tambo!!
Ai, que alegría! Chegamos a Combarro!!
Ui ui ui ui...

Cando saiba herr direktor!!!
Seguro que non esperaba isto de nós....

Ningún comentario:

Publicar un comentario

a falar a xente se entende