Vale, vale, ir a Combarro si, mais para que? andades a preguntarnos todas através do noso servizo de consulting internáutico.
Comprenderedes que non organizamos travesías por mar ou terra, a vela ou a remolque, para despois andar só aos vermús e ás papatorias. Que va! Para iso xa están o resto das festas da Galiza sen necesidade de traballos!
Temos que aclarar que habitualmente, Concentracións e Encontros de Navegación Tradicional chegan cargados de actividades paralelas, exposicións, regatas, obradoiros, concertos, que xustifican o esforzo de ir e vir. Nisto, a xente da Reiboa, esmerouse, como todos os anos.
De toda a programación do fin de semana son tres as actividades que máis destacamos, por intensidade, beleza e interese intelectual:
1. A espionaxe tradicional
O principal é achegarse aos pantaláns para saber que utilizan as outras asociacións para que as súas embarcacións naveguen mellor que as nosas. E sen que se dean conta, claro, que nunca imos admitir diante doutra asociación, mesmo estando na FGCMF, que navegan mellor que nós. Porfavorinho!!
|  | 
| Ti fai coma quen mentres eu lles miro o choio | 
|  | 
| Ah, eles conectan o balancín co pistón usando un as de guía.... | 
|  | 
| - E colocan os amortecedores na cornamusa de meo! | 
|  | 
| - Pois nesta traínha de ir às patacas tenhen o cárter de aluminio anodizado! | 
|  | 
| - Pero mira, dáslle así un nada co pé e desestabilisa! | 
|  | 
| - Caralha! Esta aínda vai con freo de tambor!! | 
Moitas ideas trouxemos para a armada da Arousa!
2. Ganhar regatas a remos
Si, é algo que facemos moito na ENT Dorna, porque somos así...
Conversa 1: 
- Oe, en Dorna tinhades que meter alguén na Regata, ouh, que anda o Anxo de Portonovo reclamando o premio por adiantado... Como sempre ganha el...
- Tranquilo. Este ano non ganha, que venhen os nosos piraghueiros. Non é por presumir, é que sempre que van, ganhan... 
Conversa 2: 
- Imos ao café. Avisade cando comece a regata!
Café Café Café Café Café Café Café Café Café Café Café Café
- Ei, que é aquilo que se ve alí? 
- Onde?  
|  | |
| - Alí, virando na boia! | 
- Merda! É a reghata! E van primeiros os piraghueiros! 
- E ninguén avisou!
E por iso non podemos contar como foi o comezo... Faláronnos dunha dunha buceta traveseira, que só navega en diagonal, mais non sabemos moito do conto....
|  | 
| Alá no fondo, os bandalhos librando da buceta... | 
|  | 
| Luis, onde estás, que non recolles o premio!! | 
3. Ver embarcacións tradicionais
Quizás a actividade mellor que podemos facer: gozar da variedade de tipoloxías e fasquías que temos no patrimonio marítimo galego. 
|  | 
| Unha actividade de balde, ademais ;) | 
|  | 
| A Bicoca saíndo ao paseo... | 
|  | 
| Velas de relinga e velas cangrexas | 
|  | 
| Dando a volta a Tambo... | 
|  | 
| ... ou abrigadas no pantalán | 
|  | 
| Patrimonio marítimo entre destrucións marítimas | 
Que pena que o Ave de Paso tenha de fondo a Celulosa e o recheo ilegal do Porto de Marín... Nós a coidar do noso patrimonio e aquelas que nos gobernan a destruilo... En fin!
Para iso están Concentracións e Encontros!
 
Neste album tendes fotos dos boghadores https://m.facebook.com/AReiboa/albums/1263065170384010/
ResponderEliminarobrigadas!!
EliminarGreat post, thanks for sharing!
ResponderEliminarHương Lâm với website Huonglam.vn chuyên cung cấp máy photocopy toshiba cũ và dòng máy máy photocopy ricoh cũ uy tín, giá rẻ nhất TP.HCM