mércores, 16 de xullo de 2014

Tardes no Bao

Durante a tempada de verán, os fins de semana tocan regatas, xuntanzas, encontros, pachangas e homenaxes varias. E de luns a venres, toca Bao. Unhas introducen no mundo navegativo xente nova, outras actualizan apps das dornas, outras desferruxan o inverno aproveitando a gharroínha que deixou a néboa da manhá.

A Fundación Deportiva Municipal patrocina as baixadas de dornas.
REPASANDO: que faltaba na Laverca??
A verdade é que a ferruxe das mestras era moita!!

O mascarón de popa do Rei do Mar
A tarde deu para facermos uns cantos traveses e voltar despois de bolina. E o vento era tan impresionante que tinhamos que facer case todos os cambios de trasluchada. Que risco!! À Betty Boop a gharroa levouna directa para o chiringo do Cabodeiro...

Atende Nela: prohibidísmo mariscar!
E non navegamos soas...

Cangrexas que cruzan a ponte...
E o mellor:
Dar con arroases saltimbanquis!!


Hai tardes así, tranquilas e desferruxantes...


martes, 15 de xullo de 2014

Que inchadinha branca vela 6: rodas para Rosalía

Cantaba Amancio Prada Rosas para Rosalía, pero, desde este sábado pasado, nós só podemos cantarlle chiares de rodas.

A IDEA era facervos unha crónica do día seguindo a programación horaria pactada na xuntanza do venres. E comezamos ben...

11.00. Quedamos no aparcadoiro do Bao para recoller as dornas

Era só enganchar e botar a rodar...
11.25. As transportadoras da Laverca saimos antes. Temos que parar na gasolinera e inchar unha roda...

E XA ESTÁ... xa non houbo máis programación horaria. Chegou o momento da improvisación urxente!!

11.31. E incumprimento das normas... Caleiro, territorio conquistado!

Os sinais de tráfico, o-rien-ta-ti-vos.

11.33. A roda non incha. Desincha! 

Nin coa app de aire comprimido a cousa rodaba...

11.40. Chamada à Central. Herr Direktor tranquilízanos: vai para alá o equipo A

Anibal, M.A., Murdock e Fénix traían unha roda de recambio...
11.50... que había que sacar...

Facendo lastre na popa...
...para que os mecánicos traballasen.
12.10. IMPOSIBLE. A roda estaba fundida na estrutura do remolque...

12.20. E tampouco sae a desinchada...

Nin tirando de telepatía...
12.30. Non temos chaves conpatíbeis. Todas as que levamos nos coches son para outro sistema operativo.

12.40. marcha o equipo A a serrar a roda de reposto...

12.50. Volta o equipo A cunha roda nova... INCOMPATÍVEL!

12.58. Marcha o equipo A coa roda desinchada para mercar unha igual. 

13.15. Volta o equipo A cunha roda ao xeito...

E o mecánico Elías puido cambiar o alerón do avión...
...usando verdadeira jai-tec. Ai o ghato, que tamén deber ser de guindous!
Por todo isto chegamos a Vilarello tarde mal e arrastro, cando os traballos estaban feitos, apesar de sairmos do Bau as primeiras...

E quen sabe como chegamos... Porque o remolque xa non voltou rodando, mais ao lombo doutro carro.

Carro convaleciente sobre carro san...
...con rodas podres.
Case mellor, antes de voltar para o ano, imos ter que reparar eses eixos, eses rodamentos, eses obuses...

Que inchadinha branca vela 5: Vilarello

Cando algunhas chegamos á praia de Vilarello, en Cordeiro, estaba xa case todo listo para iniciar a travesía até Padrón:

Varias das dornas agardaban fondeadas...
Outras varadas na praia...
Outras nas xunqueiras...
Iso si! Antes de sair, había que comer...

E foi chegando a xente. E a música.

Cantas persoas quixeron ver a nosa partida!!
O pobo de Valga mandounos os esus mellores músicos...
O que animou as dornas a navegar
E á volta, ás oito e pico da tarde, outra vez a cargar dornas, desta vez, se pasodobres de fondo...

Chegando a terra...
E volvendo a cargar nos remolques....
O día durou, durou.

Que inchadinha branca vela 4: en las orillas del Sar

Como Rosalía tamén nós andamos polas beiras do Sar, e do Ulla, á busca da fermosura sen nome, perfecta e única (hala, premio para quem encontre o poema onde sae ese verso!). Non sabemos se demos con ela, mais solleira pillamos abonda...

Saimos nas hora prevista da praia de Vilarello
A hora prevista era a das 14.30.
Había que aproveitar a forza da maré e o vento norteirán...

Puidemos bolinar, pola banda de Laínho e pola de Lestrove
Banda para aquí e banda para alá
As dornas tiveron traballo: entre 6 e 10 cambios, dependendo das canas e das canhitas...

Entrando no Sar a cousa xa era de remos, porque o vento xa o tinhamos do revés e porque as pontes varias facían abaixar os paus...

Unhas bogando, outras baixando vela...
Mimela entre salgueiros
En las Orillas del Sar... Noelia
Entrando en Padrón
Dándoo todo por Rosalía!
E chegadas ao malecón non acabaron os traballos... Había que amarrarse ao cabo colocado de beira a beira do río, abandonar os barcos, retirar os remos...

Preparando as dornas...
Carreira de relevos sobre dorna, próximo deporte olímpico!
Salto de rampla, deporte olímpico tamén!
E despois da homenaxe, volta para as dornas, e a desfacer o caminho andado...

...esquecendo que a maré tamén baixa en Padrón.
E aprendendo que no Grove tenhen sistemas estranhos de propulsión...

luns, 14 de xullo de 2014

Que inchadinha branca vela 3: a homenaxe

E o sábado fomos a Padrón un momentinho, para dicirlle a Rosalía catro cousas. Cada ano, a patronaxe da ENT Dorna, e esa angueira de presidente que ten a Fundación Rosalía de Castro inventa unha nova maneira de querer à poeta, cada vez mais custosa para os nosos brazos. E se non, atendede.

Chegamos na hora prevista despois de subir o Ulla e as orillas do Sar. No malecón de Padrón xa había xente, ou agardando por nós ou protexéndose da solleira.

As dornas tinhan que subir paus e ostaghar velas...
Preparadas para o primeiro presente...
...ese do que tanto gostamos na asociación:

Izar velas ao son do Himno do Antigo Reino!
A verdade é que queda bonito!
A coroa de loureiro agardaba por nós...

... ai!, mais antes tocaba facer a ghaldrumada para que Rosalía saiba que por ela, matamos. Subir até a Alameda a dorna Rosalía...

Como pesa tan pouco...

E a rampla era tan ancha...
E o paseo da Alameda tan pequeno...
...pero a dorna deu chegado aos pés da poeta!
Chegadas ao monumento, tocaba a seguinte parte: cantarmos o himno galego para acompanhar a ofrenda loureira: 

Das xentes do mar a Rosalía.
E a cantar!!
Cos remos en alto, por se non chegara o cansanzo...
Acabada a ofrenda, ficaron os remos para acompanhar a poeta...
Porque non hai homenaxe sen petiscos e vinho...
 Iso si, ao acabarmos...

Outra vez a levar a dorna á auga!
Preparádevos, que para o ano, levamos a rebarbadora e dona Rosalía vén con nós para gozar do inchadinhas que ían as velas....