mércores, 12 de agosto de 2015

Tardes no Bao: a mal tempo, pizarrillo.

Cando os días son azuis e fermosos, ou grises e fermosos, ou simplemente, deschuviados, na ENT Dorna navegamos. 

Porén, perguntarédesvos tantas e tantas leitoras deste bló, que facemos cando chove ou venta de máis? 

Si, xustamente así, en días coma o de hoxe...
Moitas, tantas e tantas leitoras deste bló, igual pensades que en días como este hai estampida e non aparece nin o apuntador polo Bao. Levaríades algunha sorpresa, de probardes. A veces son os días con máis quorum no local...

Venha, todas para dentro!!
Por que pasa isto? Pois porque na praia da Canteira hai dúas alternativas, a cada cal máis divertida, entretida e recreativa: 

1. Preparar e arranxar material: 


facer estrovos, revisar trapos de vela, comprobar envergues, enfiar arracamentos, idear soportes de cervexa, calquera cousa necesaria para a navegación e que sempre deixamos para outro día. 


E amarrar penois, é verdade!!
- Pois creo que esta vela tampouco me vale...
E mesmo facelo novo do trinque:

Lino gasta o tempo en axustar cunhas...
...de paus novos en vellas dornas.

2. Acudir às clases teóricas de herr direktor


Moitas xa conhecemos a teoría teórica da navegación a vela (na realidade no que fallamos é na práctica). Ainda así adoramos acudir ao Bao só por escoitar ao senhor Salvatore explicar rumos, cazadas e arriadas de escota e efectos chuchada. 

É coller o xiz e sentir a cercanía do pizarrillo e este home transfórmase!

Clase teórica de interior (chuvia).
Clase teórica de exterior (vento fresco).

Moito aprendemos, chova ou vente!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

a falar a xente se entende