martes, 25 de agosto de 2015

I Regata do Esvarón

Este fin de semana era a XX Concentración de Embarcacións Tradicionais en Combarro, aonde tinhamos tenzón de acudir, como todos os anos. Programamos as dúas travesías, o sábado de ida e o domingo de volta, nesa rota que adoramos de sair polo Pombeiro, recorrer A Lanzada, pasar Punta Faxilda e Cabicastro para enxergar a illa de Tambo ao fondo e Combarro por tras...

Ai, pero aí nos apareceron os monstros Meteoghaliza e Ghuendighurú a advertir:
- Non saiades que non voltades! non saiades que non voltades! 
E non, non saimos. É certo que para o sábado a predición non era tan brutal, mais o domingo... o domingo todas sabedes como foi. Así que o venres, a Dirección Oficial de Perigos Inminentes Marítimos (DOPIM) decidiu suspender a actividade prevista.

OOOOOOOOOUUUUUUUHHHHH!

Pero sempre hai un plan B: día reservado, comida preparada... non podía quedar así, así que as máis valentes xuntáronse no Bao para facer unha PACHANGA contra, nunca mellor dito, vento e marea. Así foi organizada a 

I REGATA DO ESVARÓN


Como en todas as pachangas, foron sorteadas tanto as tripulacións como as dornas. A norma: ninguén pode ir coa parella de sempre (se a ten) nen na súa dorna (se a ten). 

Patróns, dornas e podréns: cadaquén que decida que columna é cal.

Para evitar a competitividade? Uniforme común!  

Non, non é a linda gatita o equipo de Piolín, é a equipación oficial para a chuvia.

O recorrido: saída de terra, armar vela, e triángulo entre a boia branca contra o terrón, a primeira batea do polígano e o Rei do Mar
A cousa comezou ben: meteoghalizas a nós!!!

-Se nos animamos, aínda damos chegado a Combarro!
Ai, pero os monstros metereolóxicos levavan razón, e a tronada chegou... Caghonoghuendighurú! Todas a arrisar ou retirarse...

Todas? Non! A Caramecha chegou primeira (das descualificadas)!
E non se vían máis que unha outra dorna, do moito que chovía...
E un pouco máis tarde, algunha outra...
E outras...
- Estades vivas? -Siii, iso que esta dorna é unha chambonada! - Esa? Pois non fostes nesta!!
Porque si, a grande conversa, ben, e discusión, consistiu en que dorna era peor para navegar: pois nesta, esvárase, pois nesta nace auga, pois anda que esta, que ten o pau de plastilina...

- E a escota!! Mira, ten unha escota de doce quilómetros...
E van chegando todas... Todas?
Para marinheiras, nós!!
Aaaah, os que faltaban!! Menos mal que a Nela está pendente!
Recollemos e confirmamos: a escota é quilométrica, Suso!
As dornas chegaron, enchoupadas, esvaradas, remolcada algunha, mais chegaron. porque o importante vinha despois: 

A comida!!!
Admitimos, as pachangas son só unha escusa para poder comer...
E, tachán tachán!! patrocianada por BRAULIO GARCÍA SL, a grande industria pesqueira (de trofeos) da Arousa, 

A ENTREGA DE PREMIOS!!


O Premio á Lesión Máis Grande: Lino!
Nooon, non é que nos dera unha lesión de como hai que arrisar cando o vento crece, hehehe, é que foi o lesionado máis importante da regata, con visita ao Salnés incluída, e dedo rompido.

O Premio aos Podréns Máis Podréns: Manolo e Xusto!
[ben, e premio à orghanisadora máis orghullosa, hehehe, sae ben afouta na afoto]. Podréns² = os máis listos. Secuencia dos feitos: 
- Ai, engharghallamos!
- Buuff, Que lío, non?
- E chove moito. Imos pró bar? 
- Imos! 
Non foi, ló, a decisión máis intelixente?

O Premio á Tigresa do Norte: Loli!
Loli parecía tranquila. Parecía. Foi navegar con Lino e voltar feita unha fera. Descualificada por non arrisar, tivemos que escoitar os seus aterradores grunhidos durante todo o xantar: GRRRRRRR, ganhamos nós! GRRRRRRR, ganhamos nós!!

O Premio á máis Canheira: Puri!
Puri nunca ousara levar a canha durante un temporal de chuvia e vento. Até que probou. e gostou tanto que despois non deixaba facer nada a Salvatore, pobre.

O Premio ao máis Grande Ramadán: Débora!
 a) Veu à pachanga sen comer b) estivo con nós durante o xantar sen comer c) colleu o premio sen escoller nin mirar. Unha das tres opcións é incorrecta.

O Premio á Supervivencia: Barel!
 O único que sobvreviviu a tres caídas, a da dorna e a das caixas que convertiu en asento I+D.

O Premio ao Príncipe Destronado: Salva!
- Sempre tenho que orghanisar eu todo, sempre tenho que orghanisar eu todo!, pois hala, xa arghallamos nós a I Regata do Esvarón e non pasou nada!! 

O Premio á Dorna máis Escorreghadoira: Suso!
Ai, a Soinha non é tan firme como parecía...
- Pois anda que a Nova Ánxela!
- Vaaale, pero queixámonos nós primeiro!

E a que faltaba: o Premio Bla bla bla bla: Bea!
Non sabemos por que lle deron ese premio, a verdade.

Iso si, os monstros meteoghaliza e ghuendighurú aínda tiveron algo que dicir...

E abriron o ceo pola tarde, porque xa non había pachanga...
E o nome da regata, preguntaredes?

Pois porque en paralelo houbo concurso A ver que a ten máis grande (a lesión)!!

E atentas, que se isto vos pareceu pouco, o sábado temos II Volta Podrén. Se os monstros meteoghaliza e ghuendighurú deixan...

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

a falar a xente se entende