martes, 11 de agosto de 2015

Tardes no Bao: cursos

A E da ENT Dorna é a de Escola. E onte foi unha tarde de facer honor ao nome. Unha chea de xente no Bao para aprender a navegar. 
Xa sabedes cal é o noso sistema: a quen quer aprender élle asignado un patrón ou patroa e, durante cinco tardes, saen xunt@s a navegar para ir facéndose con isto da vela tradicional. 
Onte foi o primeiro día de Iván que, sen sabelo, participou nesta clase virtual: 

A Caramecha saíndo da praia...
  E para iso, LESSON GUAN

Aprendemos a boghar, como na Noelia.
Unha vez fondeadas para levar a clase con calma (ben podre, por certo), LESSON CHU:

- Este é o temón e vai enghanchado na agulla...
Un explica, outro practica...
E os dos cursos avanzados, xa tinhan os paus arriba...

Unha vez armado o temón, vai a LESSON ZRUI: colocar o pau.

- Temos que facer o mesmo que aqueles dalá: subilo sempre coas drisas.
E aí estaba Suso para facer un titorial en directo desde a Soínha.
Colocando o noso.
E menos mal que a Nela tamén embarcou, que así podía facerlle acordante a Bea dos detalles importantes...

- Ghuaue, explícalle o das pías do carro, ghuaue
Representando os efectos de Bea a mala, desculpa, da vela à mala.

O seguinte paso, na LESSON FOO, é colocar a vela: amurar, ostaghar, escotar...

Como xa fixeron na Noelia...
Aprendendo a amurar no estrovo (ese llano!)
- Usa sempre unha lasca, nunca un ballestrinque!
Que rapaz aplicado! Á primeira!
- Noooon, non son bolas chineas, son arracamentos...
- Ghuaue, explícalle o truque do as de guía, ghuaue!!

 Unha vez armada a dorna, entramos na LESSON FAI: navegar!

Sentadinho na popa e levando firme a cana.
O as de guía, funciona, si!!
As drisas van tesas...
[En realidade queriamos ponher a foto da Caramecha cazada entre as drisas]

E a calma é total...
Aproveitando, a aterradora LESSON SEVEN:

Achicar!!
Aprendendo a levar cana e escota, todo por xunto!
E novamente Nela é quen acorda a LESSON EIT:

- Ghuaue, explícalle como se coloca a vara de portar, ghuaue!!
Mesmo a leitura de vento e mar houbo de ensinar a cadela: 

- Ghuaue, case mellor voltamos a terra, ghuaue, que non hai vento ningún, ghuaue!!
E puxemos en práctica a LESSON GUAN, modo avanzado: 

Bogha, bogha!!
Modo avanzado: unha bogha, outro leva o rumbo coa cana...

- Ghuaue, así ides ben, ghuaue!!
De caminho a terra, cruzamos coa Carme:

Expertos boghadores, xa!!
E varadas na praia, a LESSON NAIN: saca todo o que antes puxeches!!

Fóra o pau!!
- Ghuaue, aghora enrolade a escota, ghuaue!!
E, por fin, a LESSON TEN

- Ghuaue, levade a dorna ao fondeo, ghuaue, e non esquezades o chinchorro, ghuaue!!
- Ghuaue, como me ghusta que as clases acaben ben, ghuaue!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

a falar a xente se entende