Como Rosalía tamén nós andamos polas beiras do Sar, e do Ulla, á busca da fermosura sen nome, perfecta e única (hala, premio para quem encontre o poema onde sae ese verso!). Non sabemos se demos con ela, mais solleira pillamos abonda...
|
Saimos nas hora prevista da praia de Vilarello |
|
A hora prevista era a das 14.30. |
Había que aproveitar a forza da maré e o vento norteirán...
|
Puidemos bolinar, pola banda de Laínho e pola de Lestrove |
|
Banda para aquí e banda para alá |
As dornas tiveron traballo: entre 6 e 10 cambios, dependendo das canas e das canhitas...
Entrando no Sar a cousa xa era de remos, porque o vento xa o tinhamos do revés e porque as pontes varias facían abaixar os paus...
|
Unhas bogando, outras baixando vela... |
|
Mimela entre salgueiros |
|
En las Orillas del Sar... Noelia |
|
Entrando en Padrón |
|
Dándoo todo por Rosalía! |
E chegadas ao malecón non acabaron os traballos... Había que amarrarse ao cabo colocado de beira a beira do río, abandonar os barcos, retirar os remos...
|
Preparando as dornas... |
|
Carreira de relevos sobre dorna, próximo deporte olímpico! |
|
Salto de rampla, deporte olímpico tamén! |
E despois da homenaxe, volta para as dornas, e a desfacer o caminho andado...
|
...esquecendo que a maré tamén baixa en Padrón. |
|
E aprendendo que no Grove tenhen sistemas estranhos de propulsión... |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende