Cantaba Amancio Prada Rosas para Rosalía, pero, desde este sábado pasado, nós só podemos cantarlle chiares de rodas.
A IDEA era facervos unha crónica do día seguindo a programación horaria pactada na xuntanza do venres. E comezamos ben...
11.00. Quedamos no aparcadoiro do Bao para recoller as dornas
Era só enganchar e botar a rodar... |
11.25. As transportadoras da Laverca saimos antes. Temos que parar na gasolinera e inchar unha roda...
E XA ESTÁ... xa non houbo máis programación horaria. Chegou o momento da improvisación urxente!!
11.31. E incumprimento das normas... Caleiro, territorio conquistado!
Os sinais de tráfico, o-rien-ta-ti-vos. |
11.33. A roda non incha. Desincha!
Nin coa app de aire comprimido a cousa rodaba... |
11.40. Chamada à Central. Herr Direktor tranquilízanos: vai para alá o equipo A.
Anibal, M.A., Murdock e Fénix traían unha roda de recambio... |
11.50... que había que sacar...
Facendo lastre na popa... |
...para que os mecánicos traballasen. |
12.10. IMPOSIBLE. A roda estaba fundida na estrutura do remolque...
12.20. E tampouco sae a desinchada...
Nin tirando de telepatía... |
12.30. Non temos chaves conpatíbeis. Todas as que levamos nos coches son para outro sistema operativo.
12.40. marcha o equipo A a serrar a roda de reposto...
12.50. Volta o equipo A cunha roda nova... INCOMPATÍVEL!
12.58. Marcha o equipo A coa roda desinchada para mercar unha igual.
13.15. Volta o equipo A cunha roda ao xeito...
E o mecánico Elías puido cambiar o alerón do avión... |
...usando verdadeira jai-tec. Ai o ghato, que tamén deber ser de guindous! |
Por todo isto chegamos a Vilarello tarde mal e arrastro, cando os traballos estaban feitos, apesar de sairmos do Bau as primeiras...
E quen sabe como chegamos... Porque o remolque xa non voltou rodando, mais ao lombo doutro carro.
Carro convaleciente sobre carro san... |
...con rodas podres. |
Case mellor, antes de voltar para o ano, imos ter que reparar eses eixos, eses rodamentos, eses obuses...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende