...pero átame ben, ouh, que non me leve o mar!!
A enseada do bao é un lugar privilexiado para aprendermos a velear. É un espazo seguro, protexido pola Arousa e o Terrón, onde as velas poden ser avistadas sen problema desde terra e no que unha planeadora chega ao rescate en cuestión de minutos. Non poderiamos ter mellor sé para a escola de navegación.
O que pasa é que às veces esquecemos que de cando en vez tamén hai norte, nortada e nortón.
![]() |
Amarramos as dornas e as bucetas perto da mallante para non ter que bogar moito... |
... pero facemos unhas lazadinhas de zapatilla deportiva, unha cousa simplona, porque total no Bao a seguridade é absoluta.
E despois vén a noite, vén o vento nortón, vén o mar en flor, e zás!:
![]() |
Dornas naufragadas na mallante! |
![]() |
Algunhas con máis dignidade que outras... |
![]() |
E con escoras máis fortes... |
En algúns casos houbo ademais, colisión:
![]() |
Alá vai a pintura da Salgharita!! |
Houbo toque a rebato no ghuasá e acudisión xeral à Praia da Canteira para recuperar as náufragas.
![]() |
Amárrame! Amárrame! |
![]() |
Alghúns escapan do traballo moi subtilmente... |
E vinheron tamén os peritos do seghuro para comprobar quen debía pagar as reparacións...
![]() |
Demasiado pintura verde... vai ser cousa da Salgharita!! |
Lección do día: Temos que amarrar as dornas con xeito de norte fresco e non de surinho delicado.
E xa que estabamos e non estaba tarde de navegar, seguimos co asunto dos amarres e atados...
![]() |
...venha a tecer velas con buratos (por iso da aerodinámica!) |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende