A Volta à Arousa deste ano foi de vento fresco e mar mexido. Algunhas podréns non demos acabado a regata, e quedamos coas ganhas no corpo. A alegría de pasar o Galinheiro, o alivio de cruzar a pasante, cousinhas às que lle tinhamos querencia...
Así que decidimos facer este venres pasado a I Volta Podrén à Arousa, consistente en darlle a volta ao mundo, si, pero slowly, amodinho, con calma. E calma tivemos abonda!
Quedamos no Bao às 11 da manhá. Ao final xuntamos para cinco dornas máis unha, a Bandalha, que nos sairía ao final desta primeira etapa. O resto: a Javiota, a Laverca, a Caramecha, a Sapeira e a Carme...
O vento era o xusto para unha flota podrén e para facer fotos da ruta, por iso vos divido a crónica en cachos, para compensar que non houbo imaxes da regata oficial.
 |
Tomando grandes decisións antes de partir, quen vai con quen. |
 |
Nós soínhas, podréns de podréns, baixamos as dornas. |
 |
E comezamos a preparar todo. |
Primeiro problema... A Carme, que ían levar as loiras Débora e Gabi, tinha o banco medio frouxo, medio rompido. Cando estaba lista, decidimos cambiala pola Estela, e voltar comezar.
 |
E a pobre quedou na Canteira, sen volta podrén. |
 |
Os caramechos non aguantaban máis iso de agardar por nós. |
 |
Estamos todas? Imos aló!! |
O plan era facer a Volta devagar, marcando os mesmo rumos e agardando unhas polas outras. Decidimos facer un bordo até Vilanova para desde alí pasar a Punta do Furado até chegar à primeira parada, a praia do Naso. Só que o primeiro bordo deu para o Terrón... programar éche o que ten.
 |
Navegamos! |
 |
Às veces, cando drisas, levas coloridas sorpresas... |
 |
Algúns tardaban en entender que NON estabamos de regata... |
E demos pasado o Furado, grazas à axuda da deriva, cun só cambio...
 |
Facendo cambios na Fundación Deportiva Municipal. |
Como había pouco vento, daba tempo a todo...
 |
Non hai como un piquenique a bordo. |
 |
A que si, Avilés? |
E fomos chegando ao destino...
 |
A praia na proa. Pregunta toponímica: é a da Cova? |
 |
Os ghuapos pensaron que chegaban antes a remos, e non. |
 |
Tomando a praia, como carcamáns de verdade. |
CONSELLO PODRÉN DO DÍA: se vas botar un risón...
 |
Amárralle un cabo, ho!! |
 |
E cumprindo o pacto, agardamos por todas para o vermú. |
 |
Todas en terra!! |
O premio por ter acabado esta etapa: un bo petisco no chiringo do Faro.
 |
As dornas quedaban ben na praia |
 |
E nós de marabilla co vermú! |
 |
Un terzo da volta feito!! |
Igual non somos tan podréns...
Entrada do bló patrocinada polo chiringo do Rolo. ;)
cousa bonita a nosa volta!
ResponderEliminaro ben que nos defendimos e o que nos rimos
aggggggggggjeeeeeeeeeeeeeeehiiiiiiiiiiiiiiiiieeeeeeeeeeee!