martes, 19 de agosto de 2014

XXVI Regata do Bao: a chegada

Como xa vos contamos, a Regata do Bao tivo que ser adiada ao domingo 17 de agosto por causa do vento fresquísimo que sopraba o sábado. 
Finalmente, libres de misas e churrascos estivemos 22 dornas, que fixemos unha saída às carreiras desde a mallante para goce de público e turistas
A regata consistiu en dúas voltas a un triángulo entre a praia da Canteira, Vilanova e o Cabodeiro, con chegada a varar na praia.
E foi na rapidez à hora de arborar que pensamos que se decidiu a regata. Desde as drisas da Rosalía atendemos máis ao traballo das demais embarcacións que a ponher a nosa a punto, así que, non podemos xuralo, porén pareceunos comprobar que a Carinhosa foi a dorna que primeiro tesou a vela e botou a navegar. Xa ninguén lle puido toser na caluga en toda a regata. 

Ou si?

Saiu a Carinhosa primeira, seguida da Xarandeira e a Jalerna, que tivo a ben darnos uns segundos às demais, enredados como andaban Ricardo e Cartarola nos enverghes da vela. Algunhas optaron por ir buscar o vento a leste, outras a Riasón. Isto non afectou moito porque nesa mesma orde chegaron á primeira boia, en Vilanova. 

Todo se mantivo así nos primeiros postos até a segunda volta, onde os jalernos arriscaron con bordos máis curtos e máis cambios, buscando o vento lonxe de terra. E saiulles ben, porque pasaron à Xarandeira e case case lle rouban a pole position à Carinhosa. Na segunda volta tamén se deron mudanzas nos postos de trofeo, porque a Bazarra e a Nécora pasáronlle por diante à Xarandeira

E así chegaron á meta: 

A tête de la corse chegando à praia
Campioas!!
1º posto: Carinhosa
2º posto: Jalerna

A pesar de sair tarde, chegaron cedo...

3º posto: Bazarra

Calvinho chegou e encheu!
 4º posto: Nécora
 5º posto: Xarandeira

A Nécora e a Xarandeira chegaron case xuntas...

6º posto: Fuxe
Os Parada do Grove pasáronlle ao Parada da Arousa

O pelotón perseguidor chegou moi axinha, aínda que os primeiros non lle prestaron moita atención...

Dedicados a subir dornas...
Traballo nos levou colocarnos tan ben para a foto!
 7º posto: Mimela
O mimelo buscou novo companheiro
8º posto: Forza R
O Parada da Arousa co picheleiro de Santi

9º posto: Fungona
Estes dous fixeron trampas para ganhar un posto...
 10º posto: Rosalía
Empurráronos contra unha batea...
 11º posto: Pereka
A Pereka libre de perseguidoras
E non pensedes que a emoción está en ver quen ganha. Sempre se di que dentro de cada regata, xóganse varias finais. E para mostra, un botón: a emocionante chegada das seguintes. 

A chegada da Pelijata e a Bandalha foi de foto-finish


12º posto: Pelijata
13º posto: Bandalha

Pero as seguintes non foron menos parellas:

Esa estrela encarnada era polo Día da Galiza Mártir

14º posto: Trinhana
Ganhou a partida a Trinhana, de Cambados.
Estomballadados na proa tentaban ganhar centímetros
15º posto: Roxinha
16º posto: Maristela
17º posto: Zenaida
Apartade da meta, que aí venhen máis!!

18º posto: Carme
A Carme chegou atrás das pelexonas
19º posto: Ortelinda
As ortelindas sacando a vara...
20º posto: Laverca
Foi miragre: às lavercas non lles pasou nada...

21º posto: Caramecha
A Caramecha pechou as chegadas a vela.
22º posto: Pedra Madruga, que chegou remolcada para podermos tomar os petiscos no vermú.


As imaxes son de Fernando de Cambados, que veu vixiar que facían Uxío e Débora coa súa Fungona.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

a falar a xente se entende