Onte o vento do nordés daba duro na praia da Canteira. As previsións do wendigurú eran pesimistas, pois daban refachos de máis de vinte nós ao longo da tarde. A organización aguantou até o último momento para tomar a decisión, porén, às 15.00 horas, foi decidido adiar a XXVI Regata do Bao.
A verdade é que este ano entre o vento e a chuvia conseguiron alterar practicamente todo o calendario de regatas!!
Como a previsión de vento para esta manhá era máis favorábel, as persoas que acudiramos ao chamado da fama e os trofeos, acordamos facer a regata nesta manhá de domingo galego mártir, 17 de agosto. E de mártires foi erguernos tan cedinho, abandonar as misas, para descobrir, outra vez, o mar floreado. Pero como o vento foi quedando, finalmente, às 11.30, demos a saída, POR FIN!, único momento do que temos imaxes, por agora.
22 dornas na mallante... preparadas para partir. |
Carreira con vela ao lombo! |
Espectaculares esas drisas a revoar... |
A primeira que botou vela arriba, cremos que foi a ganhadora. |
Porque aínda outras pelexaban con temóns e amuras... |
Quen ganhou?
A Carinhosa!!
O resto da clasificación, manhá, que a blogueira na súa ansia faminta, deixouna no Bao.
As fotos son do feisbu de Manuel Cores Fernández. Obrigadas.
Esta información non é certa. Gañou a Laverca que completou as 273 millas náuticas que supón darlle a volta á illa de Arousa, fixo o triángulo Bao-Vilanova-Cabodeiro-Cabo Verde 15 veces quilla arriba coa tripulación (patrona e proela) completamente enchoupada (co peso extra que esto supón para a embarcación restándolle 3,405 nudos de velocidade) e rematando a regata co aparellamento da dorna varada na praia do Bao. Todo esto en 27 segundos (batendo o récord do ano 1925). Parabéns.
ResponderEliminarmoito cachondeito temos coa laverca, eiiin????
Eliminara ver se nos imos enfadar e suspendemos o espestáculo e logo tendes que tragarvos as regatas así, a secas, co aburridas que son
A redacción do Faro de Vigo pide desculpas polos erros cometidos na información da regata recollida no artigo publicado no xornal do pasado día 18 de agosto. Tamén pedimos sentidas desculpas á tripulación da Carinhosa por crerse vencedores da Volvo Ocean Race. Felicidades a todas as góndolas que participastes na regata.
Eliminardesculpadas por terdes sentido do humor ;)
Eliminar